Conversa usuario:Agremon vellas2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Por favor, non escribir aquí. // Please, do not write here. // Por favor, no escribir aquí. // s'il vous plait, priére de n'écrire ici. -

Para outras mensaxes: user talk:Agremon

Procurando Nova Celandia no google as 10 primeiras buscas son galegas, e ademais na lista de países aparece Nova Celandia :). Non son lingüística pero cando vin o nome de Nova Celandia estrañoume velo asi escrito e recordeino :). --IaRRoVaWo 21:35, 11 Sep 2004 (UTC)

Segundo teño entendido, coa nova normativa do 2003 todas as terminacións en -ería pasan a -aría. Librería = Libraría . Romería = Romaría . Por iso puxen Consellaría. O que si se pode facer é un redirect. Os da Xunta dixeron que ían acatar a nova normativa menos o de Consallaría polo tema dos rotulos e tal, que xa estaban feitos... --IaRRoVaWo 22:42, 9 Sep 2004 (UTC)

Resposta a unha mensaxe de Abril: Ola, Agremon, acabo de ler a túa mensaxe sobre a entrada milde. A saber que outras chafalladas faría :( ... Abrín a conta, tanto tempo pechada, para comentarche que traducín a páxina Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter e xa está lista para revisión, dime logo onde a poño. --Aricum

Si, é que durante as clases non tiven tempo pra nada... logo nas vacacións polas mañas estiben estudando pra recuperar unha asginatura, polas tardes ía á praia e polas noites facia outras cousas e non tiña tempo pra dedicarllo aqui. Agora espero ter máis tempo. --IaRRoVaWo 14:45, 7 Sep 2004 (UTC)


Gustaríame saber cómo se fai para subir imaxes a un artigo... no artigo da Wikipedia inglesa sobre "troll" hai unhas moi bonitas, e gustaríame engadir algunha. --Skulda 19:54, 28/08/04

Graciñas pola benvida, Agremon. --lindenbrock18/08/04

Ola, teño unha preguntiña. ¿Por que agora aparece "enlazado dende" ó final de cada páxina? --traballad 01.00, 11 Agosto 2004

Ola son Suso e teño o mesmo problema que lugovic co tema da traducción do meu wiki ao galego. ¿Podes darme algunha solución. Graciñas.


Estes días (xullo 2004) estou sen internet na casa, polo que as respostas serán lentas...

Saúdos de novo, Agremón. O azar levoume a mirar nas seccións do wikcionario, e vexo que en xeral, inda está en fase embrionaria... O que non sei eu, é a forma que se lle vai dar... ¿Cómo vai o tema? ¿darase unha definición escueta da palabra e logo se amosan as traduccións nas diferentes linguas? Se sabes algo de cómo vai esto, cóntame... gustaríame aportar tamén a miña frangulla neste proxecto.--Skulda 19:41, 14 Xullo 2004

Só quería dicir que é un pracer colaborar aquí, que sempre estás aí, atento, e que controlas de todo, es una máquina. ;) Por certo, o do número e fíxeno porque andaba investigando na última de google, a dos números primos en e. Que tíos! jeje --traballad 01.30, 12 Xullo 2004

graciñas Gracias pola observación sobre Gaia. Ando a modificala, inda que calculo que me levará certo tempo, dadas as confusións e incoherencias que se poden atopar nas equivalencias entre mitoloxía grega e romana. O da Hipótese gaia está relacionado indirectamente con Gea ou Gaia, así que opto por deixalo aí. Se tes outras observacións que me facer, serán benvidas. --Skulda 14:34 10 Xullo 2004

Moitas gracias pola benvida ;)--Alyssalover 14:04, 25 Jun 2004 (UTC)

Gracias pola benvida á Galipedia! --Romanm 23:28, 8 Jul 2004 (UTC)

réponse[editar a fonte]

Ce sont des pages qui me permettent de visualiser Wikipedia galicien dans les mêmes conditions graphiques que le Wikipedia français : suppression du logo, ajout d'onglets en bas de page identiques aux onglets supérieurs, et quelques autres préférences qui ne peuvent pas être réglées par Special:Preferences.

Importer la feuille de style (css) et le script (js) évite de les retaper à chaque compte (j'ai une quarantaine de comptes WP...).

À chaque fois, cela « lit » la feuille de style et le script français. Et si je corrige les deux pages françaises, c'est automatiquement répercuté sur tous mes comptes (galicien, anglais, allemand, etc.). Le moyen m'avait été indiqué sur le Wikipédia anglais, dans le Village Pump (le Bistro sur le WP français).

Une page (en français) : fr:Wikipédia:Personnaliser monobook

Ma'ame Michu 13:15, 9 Sep 2004 (UTC)

ven, xa no lle esperes o tema do Beiras[editar a fonte]

metelle as ligazóns que vexas oportunas. Tamén xa sei que o meu galego no e moi bo, se encontrades algo que teña unha traducción mais apropiada, dadelle para adiante. Estou a prepara un artigo sobor do Proxecto Apolo (Program Apollo) que, confío será para sacarlle lustro os dedos de tanto chupa-los. só teño un problema (i e que o meu equipo no e gran cousa nin teño unha linea potente) pero non dou colgado as fotos, (se ves que tal envioas por e-mail -polo visto asi si as leva- indicando cales son e donde poñe-las). un saudo

xa esta listo o proxecto Apolo[editar a fonte]

tardei, pero coido que a cousa sae recompensada. Non e sinxelo traducir de varias paxinas que estan en inglés e resumi-la en voa amplitude, pois a miña intencion e de tratar a cada Apolo, con un artigo por separado (de no face-lo asi, estariamos ante un artigo de proporcións descomunais). vin o artigo feito es español (nesta mesma wiki) e para o meu gusto esta incompleto ademáis de ter alguns erros. dalle as ligazons que vexas combenientes (xa che enviarei a fotos como acordamos, pois aindo teño por decidir, e con esto do traballo, un apenas ten tempo). e se podes, damo o teu parecer sobor do que viches. un saudo

Por non poñelo noutro sitio[editar a fonte]

  • Unho: Ultimamente estiven organizando os índices. Cada quen vai por libre. Hai que poñer unhas normas. Eu xa intentei organizar un pouco a cousa. Vos diredes.
  • Unho: Cando creedes unha nova ligazón, comprobade se a entrada á que se refire está no índice da letra correspondente, ainda que esa entrada non exista. Se modificades unha entrada, comprobade tamén que tódalas entradas ás que se refire, están nos índices correspondentes. Se algunha entrada non está no índice, poñédea nel.

Quedei impresionado co fantástico traballo que estas facendo no artigo sobre Vigo. Felicidades polo teu traballo ;)

Sobre Cine[editar a fonte]

Agremon, gracias pola benvida, de vez en cando na medida das miñas posibilidades irei publicando artigos sobre cine para que o proxecto vaia medrando. Saúdos. --Prevert 19:30, 2 Oct 2004 (UTC)

Non sei se me pasa a min só pero onde debería estar o enlace da portada á palabra Cine aparecenme os dos puntos de separación seguidos sen a palabra. Con respecto as ligazóns e categorías de cine nos próximos días seguirei traballando nelas e creo que estará todo ben enlazado. Gracias. --Prevert 20:44, 4 Oct 2004 (UTC)


sobre un tema viejo[editar a fonte]

amigo ben se que voce me fabias enviado un diccionario de gallego e una gramatica ambos cybeerneticos pero en pasadas fechas que los vallenateros invederon miña casa me robaron o computador con todos os documentos atientes a dicho tema asi que me preguntaba si voce me podrias volver a enviar correspondencia con tal documentacion de novo a mi email info@hekeisda.zzn.com os lo agradeceria.

att : samursoc Así o farei. Agremon

quen poida revisar!!!![editar a fonte]

ante todo aclaro unha cousa. o das imaxes do proxecto Apolo, teño o tema aprazado (en canto vaia a darlles para adiante xa te pegarei o toque). e si, son eu o do calendario. pero noto que a veces (por no decir a maioria) se me desconecta do rexisto e no seu lugar, en vez de aparece o nome de batalla, aparecen as TC/IP de meu trevello. pero bueno, eu sigo a colaborar, so que, quizais debe ser unha mania, gustame a informacion detallada, canta mais, mellor.

Necesito que alguen vaia revisando este tipo de traballos (un chega medio cansado do traballo) e é mais facil cometer erros coas expresions no galego, pero todo despende donde se traballe (o que lle coincida mandar traballos a nivel españa entenderame que o galego, como lingua falada ou escrita, ten que quedar de lado); as fechas e o santoral estan ben. como xa sabedes, algunhas cousas son dun lado, outras doutro, unhas terceiras doutro mais e o resto son colleita propia.

un saudo


Normalmente, boto unha ollada e se vexo, corrixo. Non sempre, pero tomareino en conta. Por certo, eu (e todos, aínda que algún moi pouco) cometo tamén erros (e polo tanto é convinte revisar tamén o meu). Un saúdo Agremon

Consistencia nos enlaces[editar a fonte]

Este comentario toma como exemplo uns enlaces que puxeches no artigo Cine Galego, na miña opinión o enlace José Coira Nieto e Jorge Coira Nieto non son consistentes co resto dos enlaces a nomes da páxina, en todos eles utilizase o criterio de nome e primeiro apelido (usual en outras wikipedias) e debera seguirse neste caso, quizais se poda considerar que é máis apropiado poñer Pepe Coira (o nome habitual polo que se coñece á persoa no mundo audivisual) ou José Coira pero en todo caso o segundo apelido non debería poñerse (tendo en conta que non pode haber ambigüedade con outras persoas).

Outra consideración é sobre Cine Galego, non estou seguro que sexa apropiado por un enlace a galego, alo menos non desa forma xa que rompe as dúas palabras que forman un conxunto, dificultan a lectura dun artigo que está poblado de vínculos e pode dificultar a lexibilidade sempre que eses vínculos non estexan xustificados.

Unha terceira consideración e sobre Televisión de Galicia e TVG deberían apuntar ao mesmo sitio para evitar problemas no futuro (pero iso ten fácil solución).

Outro tema: atopei a Portada que está en Páxinas Especiais e as apreciacións de IaRRoVaWo son moi acertadas, están na liña de outras wikipedias, e aí parece que xa tratastes o tema das categorías. Por certo, pareceme que o problema coas categorías na portada ten ver co traducción do wiki ao galego.

Unha das consideracións máis importantes de IaRRoVaWo ten que ver coas páxinas de discusión, é fundamental ter un espacio centralizado para que os usuarios novos e antiguos poidan comentar, expor e resolver dúbidas.

Último comentario: creo que igual que se fai en outros wikis deberían asinarse os comentarios co segundo botón da dereita da caixa de edición, iso permitiría ter unha idea máis clara de cando se producen as discusións e seguilas mellor.

Escribo estas reflexións porque por algún lado lín que eras un dos administradores e como realmente hai moi poucos usuarios habituales pareciame que era aquí onde podiamos discutilas.

Supoño que neste momento o máis importante sexa poblar de contido esta Galipedia pero as cuestións expostas antes poden axudar a conseguir facelo mellor.

Disculpa a lonxitude da mensaxe. Saúdos. --Prevert 21:16, 5 Oct 2004 (UTC)

Creo que tes razón máis ou menos en todo o que dis; os malos hábitos son difíciles de sacar de xeito consciente. Iremos avanzando cara aí. Agremon 22:17, 5 Oct 2004 (UTC)

Outra vez sobre as categorías.[editar a fonte]

Xa atopei onde estaba o problema co enlace ás categorías. No caso de cine tes que escribir :Category:Cine|Cine entre corchetes e ten que funcionar perfectamente (ollo son moi importantes os dous puntos antes de Category). Gracias. Saúdos. --Prevert 21:14, 14 Oct 2004 (UTC)

Feito. Pero non funciona e volvino ó estado inicial.--Agremon 19:40, 21 Oct 2004 (UTC)

Resultame estrano que non funcione, fixen a proba na Páxina Experimental é funciona. Escribín literalmente [[:Category:Cine|Cine]], comprobao alí se fas o favor. Quizais non funcionara polos problemas que tiveron as wikipedias estos días, falan deles na páxina de discusión da Wikipedia en español es:Wikipedia:Café e en Wikipedia Status dín que neste momento a base de datos non funciona correctamente por falta de espacio de almacenamento ("DAMAGED The master database server is out of disk space"). Gracias. --Prevert 08:29, 22 Oct 2004 (UTC)

Esqueceuseme poñer aquí que xa funciona :) --Agremon 21:44, 25 Oct 2004 (UTC)

Sigo coas Categorías: Audiovisual galego e Música[editar a fonte]

  • Decateime que cometera un erro ao nomear a categoría Audiovisual Galego, a norma da wikipedia é que a segunda palabra vaia en minúscula, por iso creei a categoría Audiovisual galego e agora tódalas páxinas dese tema apuntan a esta última. Fai falla polo tanto borrar a antiga categoría Audiovisual Galego agadeceríache que o fixeras para que non haxa problema sno futuro.
  • Creei a categoría Música e os enlaces das páxinas de contido musical con ela, comprobei que hai algunha páxina máis de música pero algunhas delas non as enlacei porque o contido era irrelevante como as que se chaman Rap, Hip hop e Música Clásica que haberia que refacer ou borrar. Como no caso de Cine terías que cambiar o enlace da portada [[:Category:Música|Música]]. Moitas gracias. Saúdos. --Prevert 15:17, 1 Nov 2004 (UTC)

Galipedia: Enviei a resposta polo correo electrónico. Saúdos. --Prevert 18:31, 1 Nov 2004 (UTC)

Ummm. Falta de espacio para recoñecemento[editar a fonte]

den logo a mensaxe non e moi grata, claro, se a xente se toma as cousas un pouco en serio (xa somos alguns a encher nestas paxinas) seríamos máis a encher. eso sí. toda a inmormación, por pouca que sexa e boa. Tamen seria magoa que non houbese espacio para a cabida desta informacion e, de moita mais que queda por poñer. ¿teño unha dúbida? a medida de ir facendo as efemerides vin un detalle; a palabra medicina. ¿que é mellor?. deixala como esta ou poñer menciña (cabe reseñar que nalgun escritos aparece mediciña), xa que por pura precaución eu decidin enpregar este último término (que dende logo non e tan desaxeitado) ahi, queda da vosa decisión ¿que é mellor? empregar Premio Nobel de Medicina ou Premio Nobel de Mediciña. en todo caso coido que si se decide deixar Medicina ou outra alternativa. se hai alguen que corrixa ou facedemo saber para correxila eu. saudos

Galicia e Galiza.[editar a fonte]

Vou poñer os dous artigos, pero creo que no futuro hai que estar atentos a que ambos artigos sexan iguais. Se hai unha modificación nun deles incluila no outro. O máis fácil sería ter unha redirección pero creo que iso nalgún momento posterior pode dar a algún tipo de discusión polémica que innecesario propiciar. ¿como o ves? Saúdos. --Prevert 18:03, 4 Nov 2004 (UTC)

Continúa...[editar a fonte]

Son partidario que como nomes das páxinas utilicemos os nomes oficiais, no contido -na miña opinión- pode escribirse como que se queira. O tema da toponimia supón moitos problemas (en xeral, non me refiro a Galicia-Galiza).

Na Wikipedia en inglés teñen montóns de páxinas discutindo sobre o tema (realmente hai casos moi complicados), teñen un extenso debate entre simplicidade e precisión. Na Wikipedia española teñen unha teima contra -incluso dun xeito agresivo- os nomes oficiais das provincias e outras localidades (A Coruña, Ourense, Girona, Lleida,...,Viveiro,...).

Penso que deberíamos utilizar nos nomes das páxinas o oficial, segundo aparece na páxina do Parlamento Europeo que recolle toda a lexislación sobre o tema Toponimia oficial española e lexislación estatal e autonómica.

Iso levanos a usar: Girona, Llleida, Alacant-Alicante, etc. No caso das Comunidades Autónomas o mesmo: Illes Balears,..., iso conleva utilizar por exemplo: La Rioja en lugar de A Rioxa como título de páxina. Se estamos en contra de castelanizar nomes na wikipedia española tampouco temos que galeguizar nomes doutros lugares do país (todo o tempo os comentarios son sobre o título da páxina non sobre o contido). No caso de Girona, Llleida, Alacant-Alicante, Illes Balears, etc. parece moi claro. Para algún usuario se cadra nos nomes casteláns non lle parece tan claro, pero o criterio debe ser o mesmo.

Sobre os nomes estranxeiros xa teremos ocasión de falar porque hai certas complicacións, das cales creo ter unha solución. Para iso sería mellor crear un Wikiproxecto onde se expoñan os criterios sobre o tema.

Saúdos. --Prevert 11:32, 5 Nov 2004 (UTC)


Eu comprendo perfectamente a teima que teñen os usuarios da wikipedia en español en contra dos nomes oficiais. Obrigar a que un español diga Lleida ou Ourense en troques de Lérida ou Orense (o diptongo OU é dificilísimo de pronunciar para os hispanofalantes) ou obrigar ós galegos a dicir La Rioja (recórdovos que a J non existe na nosa lingua) é unha auténtica BARBARIDADE. Considero que o máis lóxico sería facer as distintas wikipedias accesíbels ó grande público e para iso deberiamos preguntarnos ¿cando un usuario emprega a galipedia vai buscar Illes Balears ou Illas Baleares? ¿un usuario de wikipedia española busca La Curuña ou A Coruña? Creo que a resposta a ámbalas preguntas darame a razón.

Un saúdo --Alyssalover 10:47, 6 Nov 2004 (UTC)


A discusión non trata da fala nin do contido das páxinas (non se pretende que os usuarios pronuncien dunha maneira ou outra), trata de como presentar as entradas. Os usuarios non é que non vaian poder atopar o que buscan, senón que estara no contido da reseña. Na miña opinión a Wikipedia é un lugar relacionado co coñecemento e, polo tanto, como toda enciclopedia debe aspirar a presentar información precisa. Non creo que debamos sacrificar a precisión e exactitude en busca dunha suposta accesibilidade que non parece que vaia ter máis dificultades. No caso de La Rioja como título de páxina basta con poñer no comezo da páxina: En galego -> A Rioxa

Para os galegos dicir Illes Balears, Girona, Alacant, Lleida non nos presenta ningún problema e que nos fagamos adaptacións dos nomes sería como en castelán dicir: Sanjenjo, Carballino, Conjo, ....

O problema fundamental dos wikis é poder dar unha información fiable e de calidade, e moitas veces só se atopan reseñas de moi escaso valor. Hai unha reflexión moi interesante dun usuario da Wikipedia española es:Usuario:Ruiz que na miña opinión en gran parte ten razón (aínda que hai puntos cos que non coincido) e que merece a pena considerar.

Supoño que este debate continurá porque implica moitas cuestións das que apenas só dunha parte -polo momento- temos falado. Pero espero que leve a unha solución mellor que a que utilizan no wiki español. Un cordial saúdo. --Prevert 12:08, 6 Nov 2004 (UTC)

(P.D.: Por certo creo que cando Alyssalover dí: ¿cando un usuario emprega a galipedia vai buscar Illes Balears ou Illas Baleares?, creo que nos levaría a outro debate que nalgún momento teremos que comezar: ¿Cales son os contidos esenciais que debe ter esta Galipea? -por suposto non me refiro a lista de entradas que hai páxina Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter-. O razonamento vai no seguinte sentido: cando un usuario quere saber cousas por exemplo sobre as Illes Balears problamente o mellor sitio para atopar eses coñecementos é a Wikipedia Catalana -evidentemente non sempre ten que ser así-. E non creo que para acceder a esa información haxa problemas porque e fácil de entender e hai un bó traductor web en Internostrum. Entón ¿que buscarán na Wikipedia Galega? Espero que a tomen como referencia para todo aquelo relacionado con Galicia - Galiza. Outra vez saúdos. --Prevert 12:08, 6 Nov 2004 (UTC))

// Atención: discusión pasada a Central de discusión#== Nomes de localidades ==

Wikcionario[editar a fonte]

No Wikcionario nun corto periodo de tempo están a facer un traballo impresionante, vou a comezar a introducir nalgunhas páxinas ligazóns ao que alí escriben. Resulta moi valioso para enriquecer algúns dos artigos que hai aquí. (Exemplo da utilización deses enlaces en: Provincia de A Coruña).

Tamén lles deixei unha invitación a Rabalde e Aricum para interveñan no debate sobre Toponimia. Un cordial saúdo. --Prevert 13:31, 6 Nov 2004 (UTC)

Ola, Agremon. Teño mirado algo sobre bots, mais non acabei de entender nada. Sería unha boa idea. Uhm... a ver que se pode facer.

Non creas que me esquecín da Galipedia :) , estou a preparar unha listaxe das parroquias da Galiza. Hai unhas poucas, así que igual me leva algún tempo. Un saúdo. --Aricum 19:48, 6 Nov 2004 (UTC)

Tagalog Wikipedia[editar a fonte]

Thanks for the welcome and greetings from the Philippines and the Tagalog Wikipedia! --Bluemask 17:15, 7 Nov 2004 (UTC)

Composición da páxina Galiza[editar a fonte]

Onte eliminei o texto: Taboa de datos para que a taboa da dereita puidera estar máis arriba e a páxina tivera unha mellor composición. Creo que quedaría mellor integrar a bandeira na taboa do lateral dereito. Fixen unha proba e funcionaba bastante ben pero non quixen gardar os cambios porque é unha páxina na que estas traballando ti e non queria interferir co teu traballo. Saúdos. --Prevert 22:19, 8 Nov 2004 (UTC)

Xa integrei a bandeira na taboa, a ver que che parece?. Convertín tamén a taboa ao formato wiki. Hai un sitio que está moi ben para iso e aforrase traballo é: HTML to Wiki Converter - tables. En canto ao tema da Toponimia espero que este suficientemente claro e agradezoche os comentarios. Habería que poñerse a escribir as normas sobre os nomes pero agora non me apetece moito. Tamén ando a voltas coa botoneira creo que aínda se pode mellorar, penso que pode servir de moita axuda. Saúdos. --Prevert 23:24, 12 Nov 2004 (UTC)

a faia de tempo para mais dedicacion a esta galipedia; e como moitas veces ando tan adsorto no tema que nin me din de conta. en breve correxirei este erro dos bisestos. gracias

Botóns, Galiza, Wikipedia:Actualidade, Artigo Galipedia[editar a fonte]

[[Image:Botons.png|framed|left|monobook.js ficheiro da botoneira]] Sobre a botoneira o aspecto que debe presentar é o que aparece na captura de pantalla que aparece na mensaxe. As iniciais de arriba levan a algunhas das páxinas deste wiki, os botóns da abaixo abren nunha ventá nova o resultado da busca. A opción javascript ten que estar activada no navegador senón non funciona. Quizais o problema teña que ver coa versión do navegador que usas. Se me proporcionas máis datos podemos tentar solucionalo.


Galiza: non entendo moi ben o que queres dicir, eu vexo a bandeira á esquerda e o texto á dereita. Referiste a tal como aparece no artigo da Wikipedia español Galicia?.


Artigo Wikipedia:Actualidade, comecei ese artigo para sustituir no futuro na Portada a ligazón Actualidade. Penso que é a mellor maneira de darlle vida a ese enlace e por outra banda facer un seguimento das cousas que van sucedendo en esta wikipedia. Como tí eres o máis antiguo aquí deberías botarlle unha ollada e incluir ou correxir o que consideres oportuno. Intentei obter o máximo de datos da propia Galipedia pero non hai demasiados.


Artigo Galipedia: Isto está relacionado tamén coa nova Portada, ese artigo está sin facer e creo que é moi importante que exista. No inicio da páxina amosase en primeiro lugar o seguinte texto: "Benvid@s á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia" e o enlace Galipedia leva ao texto "Un xeito de dicir". Coido que deberá explicar un pouco o sentido deste proxecto amáis de citar cando comezou, creo que tí terías que escribilo -se podes e queres, por suposto-.


Río Grande, parece que terei que "romperme" a cabeza un pouco e discurrir outro punto para engadir á Toponimia, porque buscando en internet semella que en varios sitios de Galicia chaman Río Grande a un río ;-)

Por certo, gústame moito o traballo que estás facendo coas páxinas de Astronomía, medran como fungos. Saúdos. --Prevert 19:56, 14 Nov 2004 (UTC)


(P.D.: A páxina Wikipedia:Actualidade semella que necesita algunha imaxe ou algo que mellore o seu aspecto visual. --Prevert 19:58, 14 Nov 2004 (UTC))

sobre meta[editar a fonte]

Desculpa, Agremon, non entendín ben a mensaxe do meta. Cal é páxina concreta do meta á que debo ir? E que debo facer alí?. Un saúdo e grazas pola preocupación. --Aricum 21:21, 14 Nov 2004 (UTC)

re:benvido a Galipedia[editar a fonte]

Olá, Antonio [não domino o galego da Academia, por isto escrevo em português].

  • Obrigado pela mensagem de boas vindas. Enviei uma mensagem para ti por e-mail (para agremon2001...). O meu e-mail é joaoxms@uol.com.br . Um grande abraço User:Joao Xavier, residente em São Paulo, Brasil

Chiang Kai Chek - 蒋介石[editar a fonte]

Estiven mirando e a mín seméllame que son os mesmos caracteres. Eu estou empregando os caracteres do chinés tradicional, a única posibilidade de que fosen algo distintos sería que ti empregases o chinés simplificado ;-) Un saúdo. --Alyssalover 09:10, 17 Nov 2004 (UTC)


Na pregunta que me fixeches esta mañá nomeaches a Chiang Kai Chek pero a táboa que puxeches fai un anaco é sobre Mao Tse Tung --Alyssalover 20:10, 17 Nov 2004 (UTC)

O 1º nome da esquerda é o nome en chinés tradicional e o que está debaixo o nome en chinés simplificado. Eu sempre emprego o tradicional. E definitivamente podo dicirche que si, é a mesma tipografía. Por certo, fixeime en que no artigo de Mao cambiaches unha ligazón co nome de Chiang Kai Shek por Chiang Kai Chek e nada que sepas que os dous son válidos e que fixen unha redirección a Chiang Kai Chek - 蒋介石] para ambos ;-). Se tes algunha outra dúbida xa sabes onde estou :-) Un saúdo --Alyssalover 23:50, 17 Nov 2004 (UTC)


Amazonas (desambiguação necessária)[editar a fonte]

Olá, Antonio! (desculpe-me: por não ser muito familiarizado com o galego, escrevo esta em português. Pode apagá-la posteriormente). Sugiro que se crie uma desambiguação, de tal forma que alguém que procure Amazonas descubra que "Amazonas" pode significar:

  • As Amazonas, mitología: as mulheres guerreiras da mitologia.
  • Amazonas, río: o Rio Amazonas, na América do Sul, que atravessa vários países, inclusive o Brasil, e,
  • Amazonas, Brasil: o estado do Amazonas, no Brasil. (sobre este eu vou traduzir alguma coisa, e enviar a bandeira do estado).

Há também, salvo engano meu, "Amazonas" na Venezuela. Um grande abraço João Xavier M. Santos, São Paulo - Brasil (Data: 17 nov. 2004. Hora brasileira: 20:46)

Preto de 2000 artigos[editar a fonte]

Parece que a cousa avanza nos últimos días moi rapidamente e estamos xa preto dos 2000 artigos. En relidade xa os teríamos pasado se non fora que esta noite andiven limpando páxinas de probas, xa falaremos polo correo electrónico dalgunhas que tamén habería que eliminar ou fusionar nunha soa páxina.

Por certo, en certas búsquedas en Google xa empezan a atoparse artigos da Galipedia nos primeiros postos. Sen máis, saúdos. --Prevert 23:44, 17 Nov 2004 (UTC)

Re: Amazonas[editar a fonte]

Amigo Antonio, obrigado pela mensagem! Tenho também acrescentado os links em outras Wikipédias (em inglês, francês, espanhol, português, etc) para as páginas em galego que tenho criado, para que mais pessoas possam pesquisá-las. E, no caso das páginas sobre as cidades brasileiras, tenho acrescentado o link para a página da Prefeitura (mais ou menos equivalente à consellería no Brasil). Assim, o visitante sempre terá uma fonte adicional de consulta, principalmente no tocante à economia, história e turismo de cada cidade que eu acrescentar. Farei a mesma coisa (criação de links) para as páginas dos governos estaduais, com o mesmo objetivo. Em tempo: vou ajudar a superar os 2.000 artigos! Um grande abraço, João X.M.Santos.

Artigo 2000??[editar a fonte]

Estás deguro de Jörmungandr é o artigo 2000??? Por que a mín nas estatísticas sáeme que só hay 1998. Por certo, o artigo non está vacío, o que pasa e que estábao editando ;-) --Alyssalover 12:29, 18 Nov 2004 (UTC)


  • Isto é rarísimo, na portada dime que hai 1998, nas estatísticas 2004 e na lista de variacións recentes 2006 :-) --Alyssalover 12:55, 18 Nov 2004 (UTC)