Conversa Wikipedia:Votacións/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Penso que a forma correcta é resumo.--Xosé (✉) 20:07, 27 novembro 2005 (UTC)
  • creo que estaría ven a mudanza de que non poderá ser inferior a 10 días nin superior a 30 a non inferior a 15 nin superior a 30. AlberteSi, digame? 21:59, 14 setembro 2007 (UTC)

* Creo que ningunha votación feita ata o de agora respetou a normativa oficial, xa que esta política establece que os resumes dos resultados das votacións deben ser inscritos na seguinte páxina: Wikipedia:Resultados de votacións, que como se pode ver non existe. Lansbricae (Ti dirás) 22:26, 14 setembro 2007 (UTC)

  • Creo conveniente establecer un procedemento diferente para a votación de Artigo Destacado, Sobre Galicia e Imaxe da Semana, xa que son un caso especial: que se faga como está explicado nas páxinas correspondentes (o que permite automatizar o proceso) e que o prazo sexa de 7 dias. Tamén, que poda fechar cada votación calquer usuário. --Xosé (✉) 13:05, 20 setembro 2007 (UTC)
    • Concordo. Alma 20:24, 24 setembro 2007 (UTC)
  • Para incluir na páxina: unha listaxe das votacións abertas actualmente, porque se non é doado pasar por alto algunha. Para evitar a actualización manual poderia-se engadir cada votación nunha categoria "Wikipedia:Votacións en curso" e unha ligazón na páxina Wikipedia:Votacións. Desa maneira, iria-se á categoria e aparecerian todas as que están abertas nese momento. --Xosé (✉) 20:08, 24 setembro 2007 (UTC)
    • Concordo. Alma 20:24, 24 setembro 2007 (UTC)
    • Eu propoñería que se inclúa unha categoria (que pesado que son con iso, jeje!) do estilo [[category:!votación en curso]] dentro do Template:Wikipedia/Votación (é dicir, no texto correspondente ao marcador {{Wikipedia/Votación}}). Deste xeito, incluiranse automaticamente na categoria e teremos unha listaxe automatica.---- Maañón (boura, boura) 20:32, 24 setembro 2007 (UTC)
    • Si, tes razón, é máis doado asi. --Xosé (✉) 20:39, 24 setembro 2007 (UTC)
    • Categoria creada e incluída na páxina. --Xosé (✉) 20:08, 25 setembro 2007 (UTC)
  • Eu tamén concordo nesas medidas aclararían a busca do que se está a votar nese momento, e esperemos faga que fomente a cooperación.

Incluín o seguinte texto que é meramente informativo. Se non se ve útil pódese reverter a edición: Para saber se cumpres estos requisitos podes consultalo introducindo o teu nome de usuario na páxina: Contador de edicións..

Estaría ben usar distintos marcadores para as votacións (como os de meta por exemplo) que para os consensos para que a xente os diferencie mellor. Tamén sería moi interesante establecer se estos requisitos de votacións son aplicables ou non cando se opina para chegar a un consenso. Lansbricae (Ti dirás) 06:55, 27 setembro 2007 (UTC)


Unha persoa que non pode votar podería dar a súa opinión, sen emitir voto? Estilo:

Opinión - Na miña opinión o café con leite está mellor que o café sólo, porque o leite axuda aos osos, e ademais lle quita un pouco o sabor amargo ao café.

--Gallaecio 19:05, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Mentres non exista unha normativa sobre o consenso e outra que prohiba opinar nas votacións oficiais está permitido. É un uso na Galipedia que aquelo que non está prohibido e respete os 5 Piares está permitido, polo que podes opinar respetándoos no que queiras. Lansbricae (Ti dirás) 19:23, 2 outubro 2007 (UTC)
    • Para min tamén está permitido. O lóxico, porén, sería que eses comentarios fosen na páxina de discusión por unha cuestión práctica: demasiado texto dificulta a contaxe de votos. --Xosé (✉) 19:29, 2 outubro 2007 (UTC)

Vulneración da normativa[editar a fonte]

Estase a voltar a vulnerar e a adaptar a normativa de votacións (das poucas aprobadas) de novo. Semella costume neste wiki que as normas están só para informar e non para ser cumplidas como mínimos necesarios a respetar para regular as relacións da comunidade. Esta vulneración fai que o texto de wikipedia:Votacións sexa papel mollado que só é respetado según a conveniencia do momento. Isto agrávase cando non existe unha normativa específica que concrete o concepto xeral de consenso ao caso concreto da Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 07:06, 4 outubro 2007 (UTC)

  • Propoño para evitar esto que se debata introducir a posibilidade de paralizar unha votación para debater ou votar contidos específicos do tema obxecto de votación. Lansbricae (Ti dirás) 12:31, 4 outubro 2007 (UTC)
    • Non deberia ser necesario, xa que as votacións deberían ser o último ao que se chegase e idealmente deberian ser breves e concisas. Comprendo que o queiras introducir por causa de como se plantexou esta, que xa coincidimos en que deberia ser doutra maneira. Pero pediria que, xa que comezamos así, que sigamos adiante - por esta vez, ainda que só sexa por esta vez- a ver se nos desempantanamos (existe este verbo?;-). O mecanismo que propós supoño que é parecido ao que introduciu Lmbuga como complemento. Aceptémolo e sigamos adiante. Canto antes acabemos mellor. Se total, o resultado non é eterno; eu asumo que non vai ser como a min me gustaría, seguro que como a ningún de nós lle gustaría. Optimismo, e xa o melloraremos máis adiante segundo o vaiamos poñendo en práctica. --Xosé (✉) 13:03, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Entendoo e acepto e aceptei ese punto de partida e non me extendo máis, só que acepto esto como medida excepcional. Lansbricae (Ti dirás) 14:23, 4 outubro 2007 (UTC)

Cadro de porcentaxes de aprobación incluido na última edición de Alberte[editar a fonte]

  • Veño de ver o cadro editado hoxe por Alberte nesta páxina de políticas oficiais.
  • En primeiro lugar, boto en falta a porcentaxe para a revogación de administradores, quizais falten máis.
  • Por outra, boto en falta a fonte orixinal, a páxina onde se recolle cada porcentaxe votada ou consensuada pola comunidade. Nalgúns casos atopeinas, noutros non.
  • Creo tamén que non se trata neste caso dunha pequena edición, polo que seguindo as instrucións do modelo de Políticas oficiais modelo:PolíticasGalipedia creo que esta edición ten que pasar primeiro pola páxina de conversa. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:18, 20 novembro 2007 (UTC)
    • Engadín o da revogación de administrador, esquecéraseme, creo que xa non queda ningún tipo de votación que engadir. Non pasei pola conversa porque non fago ningún troco nas directrices (como di o modelo), senón que poño as porcentaxes que se viñan aplicando sempre na Galipedia. Por iso considerei que é un texto informativo, que non modifica nada do que viñamos facendo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:50, 20 novembro 2007 (UTC)



    • Sinto discordar en que esas sexan as porcentaxes que se estaban a aplicar ata o de agora na galipedia e expoño s causas:
  • Votacións para borrar
    • Borrar Imaxes (2/3 dos votos)
    • Borrar Artigos (2/3 dos votos)
  • Artigos destacados na Portada
    • Artigos destacado (2/3 dos votos)
    • Sobre Galicia (2/3 dos votos)
  • Imaxe destacada (2/3 dos votos)
  • Aprobación de Bots (3/4 dos votos)
  • Votacións para a administración (3/4 dos votos)
  • Revogacións dos permisos de administrador (maioría simple)
  • Políticas da Galipedia (3/4 de votos)
  1. Borrar imaxes:Esta parte está en mantemento de imaxes, xa que foi realmente o uso que se lle ten dado, indicar nelas as imaxes que son dubidosas que cumpran todos os requisitos para permanecer en Galipedia (datos, licenza, dereitos de autor...) e non como lugar de análise da validez dunha imaxe polo seu contido máis ou menos enciclopédico. Das "votacións" arquivadas detetada a falta do requisito determinado para cada imaxe foron eliminadas coa totalidade dos votos a favor, polo que non vexo a aplicación da porcentaxe de 2/3.
  2. Borrar artigos: Só atopo dúas votacións, unha aberta con 3 votos a favor, 1 discordo e 2 comentarios, e 1 pechada con todos os votos a favor. Creo recordar que houbo máis que quizais anden por algures, pero creo que non se ven aplicando o criterio de 2/3 senón que foron aprobadas pola totalidade dos votos, e non vexo lugar onde fose consensuado.
  3. Artigos destacados: Rexistradas as votacións desde xuño de 2006 sempre foron aprobadas por unha maioría moi superior a eses 2/3 polo que nunca se tivo que aplicar eses 2/3, e non atopo en ningures conversa ao respecto
  4. Sobre Galicia: Hai votacións con máis dun participante desde maio de 2007 e sempre se aprobaron coa totalidade dos votos a favor e só houbo un reixeite con 3 votos en contra fronte a 2 a favor, polo que non vexo cando se aplicou a porcentaxe de 2/3, non onde se consensuou-
  5. Imaxe da semana:Non se conservan (ou non se liga desde votacións a imaxe da semana) o arquivo de votacións. Nas que eu participei sempre se votaron o 100% e nos últimos tempos houbo como máximo 1 voto en contra, polo que non vexo cando se aplicou ou consensuou ese 2/3. Neste caso o único que teño constatado como consensuado polo uso é últimamente esperar a pechar a aprobación dunha imaxe da semana cando reciba 5 votos positivos.
  6. Aprobación de Bots: Vense de aprobar unha política específica sobre este tema que non contempla a porcentaxe para a súa aprobación. Arquivanse as solicitudes desde maio de 2006. Sempre se aprobaron co total dos votos a favor. só se rexeitou un bot, fai pouco, co resultado de 5 a favor e 7 en contra. Non vexo polo tanto que se teña aplicado nunca a porcentaxe de 3/4 de votos nin atopo lugar no que se teña rexistrado un consenso sobre elo.
  7. Votacións para a administración: 3/4, contémplase na política específica recentemente aprobada ( Concordo)
  8. Revogacións dos permisos de administrador: Maioría simple establecida na política aprobada ( Concordo)
  9. Políticas de Galipedia: Tódalas votacións recollidas en Wikipedia:Resultados de votacións ou ben foron aprobadas cun máximo de 1 só voto en contra que nunca significou unha porcentaxe de 3/4 sobre os votos, ou ben foron rexeitadas sempre cun número de votos en contra maior que votos a favor.

É por todo esto polo que creo que as porcentaxes indicadas na túa edición non reflicten nin a tradición da Galipedia, nin o consensuado (que alomenos atopara eu ou que quedara rexistrado dalgún xeito, non digo que non o haxa senón que é de difícil consulta ou no meu caso imposible) nin o aprobado nas votacións, agás as porcentaxes que proveñen de políticas aprobadas nas que si están sinaladas e que marquei con Concordo.

Por este motivo e polo que espuxen a necesidade de traer a túa edición a páxina de conversa xa que me parece unha medida importante para clarexar este tema que co tempo creo que cada vez será máis importante, na medida que consigamos unha maior participación en todo ese tipo de votacións. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:11, 20 novembro 2007 (UTC)

  • Coincido en que as percentaxes que presenta Alberte non se derivan da análise dos resultados reais, senón que corresponden a certas ideas que podíamos ter os usuários para considerarmos que unha votación era "válida". Así, non son puramente informativas, senón que indican como debemos valorar os resultados. Polo tanto, creo que deberia retirar-se e submeter-se a discusión. Como observa Lansbricae, os resultados nunca foron axustados e contou-se normalmente co respaldo maioritário, pero nalgún momento pode chegar a dar-se o caso. Eu mesmo teño moitas dúbidas ao fechar as votacións sobre os destacados da portada e moitas veces fican a votación máis tempo do que sería preciso. Por último, hai votacións que contan con só dous votos a favor (o 100%, polo tanto), o que pode indicar indiferenza dos votantes ou reticéncias que non se saben expresar; por iso penso que haberia que engadir un número mínimo de votos - neste caso, se unha proposta, por exemplo, para unha imaxe, ten 2 votos nun mes é claro que a comunidade non a ve promovida á portada ainda que non se faga unha oposición expresa e poderíamos entón fechar a discusión sen escollé-la. --Xosé (✉) 23:36, 20 novembro 2007 (UTC)
  • Coincido plenamente cos comentarios de Xosé e de Lansbricae. Na cabeceira do artigo pono claro: "..Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.". Paréceme perigosísimo que non se respecte e se engadan directrices co argumento de "aqui faise así" (preciso, o argumento neste caso é "poño as porcentaxes que se viñan aplicando sempre na Galipedia"), que ademáis de ser un argumento perigoso, é unha falacia. Pido que se borre o novo dictado e se propoña para consenso (ou como mínimo a unha votación, ainda que sexa "á búlgara").---- Maañón00 (o que ho?) 10:06, 21 novembro 2007 (UTC)

Sobre o cadro[editar a fonte]

Como un dos usuarios máis antigos (levo máis de tres anos) coñecedor modestamente da Historia da Galipedia creo que podo achegar un pouco de luz a este asunto. Polo que vexo o cadro que fixo Albert galiza é exquisitamente informativo.

  • No caso de borrado de artigos na páxina de Wikipedia:Política e normas:Borrar fala do 66%: "se existe un consenso sólido (en torno a unha maioría de 2/3)", mesmo nunha ocasión, que lembre, ante as preocupacións dun usuario deixouse claro que esa era a porcentaxe mínima.
  • En cantos aos bots sendo eu no seu momento un dos burócratas responsables de dar de alta os bots podo afirmar que nunca se deu de alta un bot que nos acádase o 75% dos votos. Porcentaxe que non é ningún invento ou capricho dos burócratas senón unha porcentaxe común a gran número de wikis que usan o sistema de votacións para os bots. Así mesmo o período de votación abarca un tempo mínimo de sete días sendo superior por regra xeral para poder avaliar correctamente aos bots.
  • O borrado de imaxes, semellante ao borrado de artigos, ten as súas particularidades non é unha votación propiamente dita senón un procedemento para achegar argumentos. Sendo obriga dos administradores borrar as imaxes que non cumpren a licenza independentemente do número de votos, iso tamén é aplicable ao borrado de páxinas. Se unha imaxe é un copyvio aínda que teña ducias de votos para que permaneza debe borrarse.
  • No caso dos destacados, artigos e imaxes, nunca se procedeu a destacar ningún artigo ou imaxe que non acádase un 66% de votos a favor e como mínimo tres votos (información que Xosé coñece), persoalmente preferiría que fora o 75% e un número de votos superior para evitar manipulacións do sistema pero a realidade é a manifestada.
  • Sobre as votacións para a administración e a revogación de permisos supoño que non hai que dicir nada porque recentemente foi obxecto de aprobación.
  • En canto ás políticas humildemente quero comezar por lembrar o funcionamento dos wikis e da Wikipedia en particular: non é que se estabeleza unha política por escrito e despois haxa que seguila ao contrario a política estabelecese co funcionamento diario e logo pasa a estar por escrito. Iso non implica que todas e cada unha das políticas e normas tiveran que pasar un procedemento formal de votación se non estívese estabelecido ou fouse norma no seu momento (como todos sabemos mesmo hai puntos que non poden ser obxecto de votación como o Punto de Vista de Neutral e outros moitos principios fundadores deste proxecto). Polo tanto procedementos como o realizado por un usuario coa política de bots no que se retirou o marcador de política e pasou a un procedemento formal para reaprobarse é profundamente contrario aos procedementos normais do proxecto. O adecuado nese caso sería abrir un procedemento para substituír esa política por unha nova se a comunidade o decídise. En canto as votacións formais das políticas é o habitual, tanto aquí como no resto dos wikis, a porcentaxe do 75%, aquí que eu saiba non se aprobou ningunha política que non cumpríse iso .

O que manifesta Lansbricae sobre que as porcentaxes polo xeral foron superiores o único que demostra é que sempre se buscou un consenso sólido para aplicar as políticas nesas votacións. Neste punto quixera reafirmar o meu convencemento de que se debe retomar o espírito wiki (novamente non é só un desexo meu senón á realidade dos wikis da Fundación Wikimedia), espírito diametralmente oposto a encher o wiki de regulamentacións administrativas como no dereito que dirixe as relacións na sociedade física. Segundo iso se alguén non está de acordo coas procentaxes agora vixentes debe abrir un procedemento coas novas propostas non negar a validez do que dun xeito ou outro está vixente.

Para finalizar, quero sinalar que centrar en exclusiva a vida do wiki nas regulamentacións conduce a efectos bastante negativos para o proxecto. Pódese comprobar que nos últimos tempos a Galipedia pasou de ser un wiki creador de moitos artigos que logo eran traducidos ou servían de base a outras Wikipedias a ser un wiki baseado na súa maioría nas traducións procedentes doutros wikis (moitas delas moi boas e moi traballadas polos usuarios que as fan, sobre todo as que veñen das Wikipedias máis rigorosas, pero tamén outras moitas moi pobres que sitúan á Galipedia nun estadio de evolución que xa tiñamos superado). Por iso, quero aproveitar esta mensaxe para pedir a todos os colaboradores que sumemos os nosos esforzos para traballar na mellora da calidade dos contidos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:44, 21 novembro 2007 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Respeto a opinión pesoal de Prevert, pero tómoa como o que é un ha opinión persoal, polo que vou desfacer a edición de Alberte ata que se aclare se se trata de usos, costumes, consensos, políticas ou o que sexa, mediante o sistema establecido o de conversar antes de actuar cando se trata de materias que para algúns poden ser perxudiciais e para outros poden ser beneficiosas, pero nas que non se pode impoñer un criterio de forma unilateral por parte de ninguén.

Por outra parte o que demostra o que Lansbricae dixo é que ata mediados deste ano a participación da comunidade en xeral en asuntos de políticas ou elección de imaxes,artigos.. destacados era residual e en moitas ocasións era unha sóa persoa a que decidía o contido a falta de propostas ou participación. eu non estou a favor de esas unanimidades tan relativas. E prefiro perder o tempo un pouco en ter unhas mínimos reglamentos a seguir que non que cada un os vaia adaptando ao seu xeito según lle conveña en cada caso. Lansbricae (Ti dirás) 08:24, 22 novembro 2007 (UTC)


  • Apoio totalmente esta opinión. Gostaríame ademais contestar a un comentario grave dito máis arriba: "centrar en exclusiva a vida do wiki nas regulamentacións conduce a efectos bastante negativos para o proxecto". Obviamente "centrar en exclusiva" no que sexa todos estamos dacordo que non é bon, pero paréceme unha falacia dicir que se está "centrando en exclusiva" niso: estamos arrancando case de cero, ata agora non había apenas políticas oficiais, e o que vin é que se utilizaba como "política" o criterio discrecional de certo administrador, o que non me parece positivo independentemente de quen fose. Por iso é normal que agora se traballe máis que antes en definir políticas básicas. E en parte tamén se fixo porque a xente percibía que tiña un cauce de opinión aberto e estaba ilusionada con iso.
  • Sinceramente, a política de facto do pasado de nomear a dedo administradores, elixir imaxes/artigos destacados dun xeito "discrecional", etc, coido que, ademais de ser desmotivante, en xeral os colaboradores da Galipedia xa non o aceptan; pode ser que moitos calen por non formar follón, pero desde logo que lles parece inaceptable; talvez non protestarán, pero témome que abandonarán/abandonaremos isto antes ou despois ao ver que non se conta con eles ("o galego non protesta, emigra").---- Maañón00 (o que ho?) 10:33, 22 novembro 2007 (UTC)


Wikipedia e porcentaxes[editar a fonte]

En primeiro lugar quero manifestar que antes como administrador e agora como un usuario máis defendín e seguirei defendo a integridade do wiki e o espírito Wikipedia. Se non está claro o sentido da miña primeira intervención volvo a sinalalo agora: achegar datos certos sobre as porcentaxes vixentes, os datos sobre porcentaxes non son opinións persoais.

Polo tempo que levo na Galipedia e noutros wikis da Fundación Wikimedia tiven a posibilidade de coñecer os procedementos e o funcionamento deste e doutros wikis Wikimedia con certo detalle. O obxectivo da Wikipedia non é desenvolver políticas, o obxectivo é construír unha enciclopedia libre e de balde que respecte o Punto de Vista Neutral, unha enciclopedia que non recolla investigacións orixinais, unha enciclopedia que segue unha serie de principios comúns a todos os proxectos Wikipedia.

As políticas e normas son resultado da necesidade de regular certos procedementos e/ou relacións entre os usuarios. Os wikis segundo van evolucionando seguen unha serie de pasos moi semellantes, a medida que avanzan os colaboradores chegan a acordos (explicitos ou implicitos) sobre como se deben regular procedementos, resolver situacións ou sobre que enfoques son os máis apropiados en determinados casos. Ditos acordos na medida en que o wiki medra en usuarios adquiren unha presentación formal, iso non significa de ningún xeito que acordos anteriores ou procedementos vixentes deixen de ter validez ou deban ser ignorados. A constatación do que acabo de sinalar vese perfectamente na Wikipedia en inglés, unha Wikipedia con gran número de usuarios orixe de todo o resto que ten políticas e normas que abranguen gran número de campos como resultado de todas as situacións polas que teñen pasado. Mesmo ten regulados prrocedementos moi elaborados para resolver diversos tipos conflitos que eles viviron antes ca nós.

De todos é sabido (ou debera ser) que no conxunto das Wikipedias as votacións requiren como mínimo 2/3 de votos a favor para ter éxito (cómpre sinalar que a política de revogación de administradores aprobada aquí non segue ese principio). As decisión máis críticas como por exemplo a elección de administradores require das 3/4 partes dos votos. Cuestionar a validez do cadro nunha suposta falta de consenso para logo retiralo dun xeito unilateral é como mínimo un abuso do procedemento (sobre todo tendo en conta que non se trata dunha acción illada senón que continúa outra serie de accións nese sentido). Ninguén nega que se poidan debatir novas políticas ou normas (ou modificar as existentes) sempre que cumpran os principios da Wikipedia pero dito debate non inválida procedementos que están en vigor, procedementos que non foron inventados polos administradores deste wiki e que son comúns ao conxunto de Wikipedias.

Da anterior mensaxe de Lansbricae deduzo que a súa discrepancia está nas porcentaxes dos destacados, nese caso debe crear o debate correspondente propoñendo as porcentaxes que considere oportuno, se se trata de reforzar o consenso cunha porcentaxe superior eu serei o primeiro en estar de acordo coa proposta.

Evidentemente as partes implicadas non están lexitimadas para realizar accións unilaterais, en consecuencia como parte implicada entendo que Lansbricae non está lexitimado para retirar o cadro pola súa conta, como eu non o estaría para repoñelo se a retirada fora lexítima. Vouno repoñer para restituír a situación inicial. No caso de que Lansbricae retire outra vez o cadro non realizarei ningunha acción para repoñelo porque de ningún xeito quero que se interprete a miña edición como unha guerra de edicións, algo no que nunca entrei en ningún dos wikis nos que estou presente.

Para finalizar, reitero que se hai algunha discrepancia debe abrirse o procedemento correspondente pero en ningún caso retirar un cadro que é completamente certo e válido. É unha grave irresponsabilidade tanto de usuarios como de administradores entrar nunha dinámica que conduza a frustar os obxectivos da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:57, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Vou reverter a edición que considero inapropiada por ir contra do aviso inicial da páxina, que é claro: "..Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices."

Na miña humilde opinión, é frustrante que algún usuario que afirma ter tanta experiencia na Galipedia entre nunha guerra de edicións. Tampouco me parece apropiado que alguén se atribúa a posesión da verdade usando como argumentos falaces como o de "eu levo moitos anos nisto, moita experiencia, ..".---- Maañón00 (o que ho?) 22:30, 22 novembro 2007 (UTC)

    • Esta "conversa" ven motivada por unha edición unilateral dun editor nunha política oficial da Galipedia, edición que pese a que foi en contra do criterio expresado en todas as políticas oficias e que se resume en que agás pequenas mudanzas formais o resto de mudanzas páseas primeiramente pola páxina de conversa, non foi revertida por ninguén. Usouse a páxina de conversa para pedir ao editor que pasase a edición primeiramente pola páxina de conversa. O editor desestimouno. Expliquei porque (sen poñer ligazóns xa que é algo evidente para a xente que leva algún tempo) non aceptaba como válida a explicación que deu o editor, e a esto respostou outro editor que basea todo o seu discurso en que xa leva moito tempo aquí e a fe súa que as cousas foron tal e como na edición se marca, evitando facer referencia a toda realidade rexistrada no wiki e alegando como fonte de coñecemento das porcentaxes utilizadas a súa persoa e antigüidade no proxecto, pasa por criticar a propia evolución do proxecto nestes últimos tempos e rebate o exposto por min establecendo que o rexixtrado só e unha sinal inequívoca do forte consenso que existiu no pasado na Galipedia.

Na segunda participación do usuario aparecen novas bases, a wiki comparativa como lexitimadora do cadro, as porcentaxes son as máis comúns a outras wikis e incluso dice máis, que a porcentaxe da política de revogación dos administradores pode ser "inconstitucional" e que aquí non estamos para xogar ás políticas, que si queremos falar que falemos pero que el volta a poñer o cuadriño porque é a situación orixinal. Contra e eu que pensaba que ese cuadriño non leva hai desde 2005 pois vai e resulta que si que era a situación orixinal., que eu collo mañá e vou a política da gali que me apetece e poño un cuadriño resumo e a partires dese momento vamos a discutir sobre se deixalo ou non. É o máis lóxico, estou por poñerme a elo.

Cando se quere falar se fala, cando se quere colaborar colabórase, cando o que se quere é voltar a unanimidade anterior pois si a xente o quere vólvese. Cada quen ten dereito a elexir, pero o que me extrana máis de todo isto é que actuando do xeito en que se fai despois se pregunten algúns ¿Por qué non participa máis a xente nas votacións e políticas?, pois porque o sistema de a colgo e despois o falamos non é moi propenso á participación.

Eu levo un ano aquí é sei de artigos meus ou imaxes nas que non houbo votación, por falta de participación nas propostas e nas votacións, non por mal nningún distinto. Se nón se participaba nesas votacións de contidos de portadas que direi de contidos de políticas e estruturas de colaboración da Galipedia, deso xa nin idea, ou simplemente non se falaba ou si se facía eu non me enteraba. Non podo dicir que non me enterara porque non oubera debate só podo dicir o que vin e o que vexo. O que vexo é que agora aparecen unhas porcentaxes para as votacións moi aclaratorias e que semella fora de lugar preguntar de onde demos saíron, e porque se puxeron sen falalo en ningures cando é algo tan básico como as porcentaxes de votos necesarias para as galiconversas construtivas.

O meu estilo xa foi gavado antes, polo que non sigo moito máis a rebatir o que considero unha conversa baseada na demagoxia e defensa da desvirtuación da figura do administrador e as políticas da galipedia, non comparto nin acepto ningunha porcentaxe que conste exclusivamente nese cadro, e debatirei cando haxa interese en debater e cando se respete que non se dispara primeiro e se pregunta despois, que non se pode basear todo nin nada na opinión dunha soa persoa e que o respeto ao traballo, orixinal ou traducido, mellor ou peor de toda a xente que participa no proxecto sexa respectada. Teño moitas dúbidas con respeto a un editor que fai críticas abertas dirixidas ao quefacer de toda a comunidade e que non fai moito tempo especificou que o valor principal deste proxecto no seu entender era o experimento sociolóxico que conleva. Digo esto porque para min esta conversa de defensa dunha edición resumo de porcentaxes usados desde o 2004 ou antes, edición do 2007 e a súa idoneidade xa me semella a típica noria que lle poñen aos ratos nas xaulas e non estou interesado en facer de cobaia. Queda o cadro e eu co meu dereito de resistencia á nova normativa justinianea, prsentada en formato cadro resumo moderno, que só serve para constatar que o tema das políticas segue reservado para unha parte da comunidade e debe ser tabú para o resto. Lansbricae (Ti dirás) 09:52, 23 novembro 2007 (UTC)


Concordo plenamente co dito anteriormente pero ademais quero engadir varias cousas, por parte da persoa que fixo a modificaciónn que altera esta política se afirmou que "poñía porcentaxes que se venían aplicando sempre na Galipedia", despois tres usuarios discutiron ese extremo sostendo que ditas porcentaxes derivaban de ideas e non de análises de resultados reais, finalmente chega un usuario común que sobre a base da súa longa experiencia no wiki usa dous argumentos "a costume" e "a referencia a wikis externos" para xustificar ditas porcentaxes. Porén nos seus propios argumentos é insostíbel algunhas de ditas porcentaxes, por exemplo, no borrado de artigos e no borrado de imaxes, aínda que a Galipedia enteira votase a favor de manter un artigo ou unha imaxe que supoña un copyvio ou que infrinxa a licenza GFDL non se podería manter no proxecto, polo tanto, non entendo qué sentido ten tentar convencer de que todas as porcentaxes son válidas cando el mesmo recoñece o contrario. En canto ao do artigo destacado, paréceme un sensentido incluir algo sobre o que están a traballar tanto Alberte como Fryant e que inclúe non só as porcentaxes senón tamén o período de votación (precisamente na redacción dunha regulación dos artigos de calidade, isto tamén é afán regulador??), penso que pedir que se someta a consenso algo semellante tanto para o artigo de galicia como para a imaxe da semana, non é un afán regulador, é lóxica, pero só é unha opinión máis. De nada sirve saber cantos votos son precisos se non sabemos cantos días temos que ter aberta unha votación á imaxe da semana, por exemplo, indefinidamente?, ata que obteña o respaldo?...(son preguntas absurdas que me fago eu sóa, pero xa que comparamos con outros wikis, pódese analizar o caso de Commons onde para decidir unha imaxe de calidade sí hai regulado un procedemento, é ninguén o calificou como afán regulador desvirtuador do espírito do proxecto).

Polo que respecta aos intentos de descalificacións persoais por pretender un consenso, non unha imposición unilateral e sen debate, sobre algo que afecta a todo o noso wiki (descalificanse por sí sós e por iso non merecen máis perda do meu tempo de traballo). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 11:14, 23 novembro 2007 (UTC)

Deixei unha proposta para este tema en Wikipedia:A Taberna (propostas), esperando que con iso opine todo o mundo e poidamos acadar un consenso neste tema. --Banjo tell me 12:12, 23 novembro 2007 (UTC)

Cadro de porcentaxes[editar a fonte]

Logo das votacións producidas sobre as porcentaxes e números de votos mínimos que tiñan como obxecto mudar o cadro desta páxina, retiro os avisos de discusión e modifico as porcentaxes alí onde se produciu unha votación favorable. Nos demais casos, seguiranse aplicando as porcentaxes comúns. --Xabier Cid 20:35, 11 febreiro 2008 (UTC)

Correxín o dos Bots, pois na política se recolle un mínimo de 7 días e de 3 votos a favor, pero como non se aprobou na votación os 3/4 qué porcentaxe se aplica, xa que na política non recolle ningún? Alma (fálame eiquí) 21:12, 11 febreiro 2008 (UTC)