Conversa Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Usuario:HombreDHojalata: como ves a idea de mover esta páxina a Wikipedia:Artigos do Dicionario biográfico de Galicia, similar a Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega que iniciou Usuario:Elisardojm? Do mesmo xeito, co tempo sería bo termos como base Wikipedia:Artigos do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en base ao Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores) ou Wikipedia:Artigos de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en base ao volume dese título de 2002), outras dúas obras con listados de personalidades. Que vos parece? --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de outubro de 2015 ás 11:06 (UTC)[responder]

Concordo Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 11:13 (UTC)[responder]
Feito. No caso do dicionario puxen "Entradas do..." (en lugar de "Artigos do...", que queda como redirección). No caso de Gallegos..., o mesmo, "Entradas de..." en lugar de "Artigos de...". --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2015 ás 11:47 (UTC)[responder]
Grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 09:28 (UTC)[responder]

Nome e despois apelidos?[editar a fonte]

HombreDHojalata, unha pregunta, debería cambiarse esta páxina para poñer as entradas con nome+apelidos como están os artigos da Galipedia e como se fai en Wikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI? ou prefires deixar esta así?

E outra pregunta, o número que hai despois de cada entrada, é o número de páxina ou outra cousa? Debería explicarse ó comezo da lista... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2018 ás 02:56 (UTC)[responder]

Quizais esta tarefa podería facela Gallaecio cun dos seus programiñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2018 ás 21:59 (UTC)[responder]
Vale, ponse a orde nome+apelidos, así é máis doado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2018 ás 16:26 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, pode que haxa algún erro pero ó tempo que se repasan as ligazóns xa se van amañanado. Agora agardo pola historia... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 13:14 (UTC)[responder]

Cousiñas[editar a fonte]

HombreDHojalata, atopei algúns nomes que parece que teñen algún problema na páxina e/ou o nome, son: "Fernández Varela, Leo Id"; "Fernández Vázquez, Marcial, o" e "Fernández Victorio Arenas, [falta o nome e a páxina?]". Cando poidas a ver se lle botas un ollo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2018 ás 10:19 (UTC)[responder]

OK Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 19 de abril de 2018 ás 14:22 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, tamén hai que revisar "Pae de Pai da, 57" que non sei como transformalo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2018 ás 08:33 (UTC)[responder]

Pois ven así, tal cual. Debe ser un erro. Di que era irmán ou fillo de Pedro Arias da Cana. Daquela, consultando outras fontes ([1]), debería ser Paio de Cana (tamén recollido como Pai de Cana, ou Pae de Cana, ou Pay da Cana, ou Pai da Cana, ou mesmo Paio Peres de Cana … e variantes). Así que creo que deberíamos facer así a ligazón: [[Paio de Cana|Pae de Pai da]]
Outro día che conto que o DBdG ten moitos erros e por que está feito ás presas. --. HombreDHojalata.conversa 26 de abril de 2018 ás 10:07 (UTC)[responder]
Vale, pois que quede así.
Quedo esperando por esa historia, entón :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2018 ás 13:21 (UTC)[responder]