Conversa Wikipedia:Artigos de calidade/Control de calidade xuño 2015

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Código QR[editar a fonte]

Outra cousa que se podería poñer nestes controis sería que todos tiveran o código QR, que che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 20:26 (UTC)[responder]

Xenial idea meu! Fixen unha proba con Sirius seguindo o modelo do de Castelao, apúntoo coma pendente para o resto que non o ten e imos engadindoos pouco a pouco :) Banjo tell me 28 de xuño de 2015 ás 20

E isto como se fai? Piquito (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 20:52 (UTC)[responder]
É moi sinxelo Piquito, tan só hai que buscar unha páxina web que transforme a dirección web no código, por exemplo acabo de atopar esta, poñer a dirección do artigo e darlle a xerar. Logo a imaxe do código hai que gardala no ordenador, premendo co botón dereito do rato sobre ela, e logo subila a Commons. Tes que metelo na categoría Commons:Category:Galician Wikipedia e na Commons:Category:QRpedia QR codes. Preferiblemente ponlle de nome W.gl.nome de artigo.png para que quede coma os outros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 22:35 (UTC)[responder]

Lista de cousas a comprobar[editar a fonte]

Penso que tamén estaría ben ter no comezo da páxina unha lista con todas as cousas que se controlan, para que quede claro para os seguintes artigos, non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 21:09 (UTC)[responder]

Canto traballiño me das Elisardojm... :P Si, hai moitas cousas que están especificadas en "modo-banjo" e ao mellor non tan claras, engádolle ahi unha breve explicación dos criterios da revisión e que facer en cada caso :) Banjo tell me 28 de xuño de 2015 ás 21:14 (UTC)[responder]

Eeei, mola! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 23:31 (UTC)[responder]

Nova Zelandia[editar a fonte]

Máis traballo, mirei as citas Harvard do artigo Nova Zelandia pero hai unha que non me funciona, é a 71, porque ten dous autores. Fixen o que pon a axuda de separar os autores por | pero aínda así non vai. Cando teñas un momento libre, podes botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 01:04 (UTC)[responder]

Tiña un espazo en branco no segundo parámetro e non lle molaba. Nas {{cita libro}} da bibliografía, cando se engade o de |ref=harv, a "áncora" xérase tomando os apelidos e o ano, queda do tipo "#CITEREFapelido1apelido2ano". En {{cita Harvard}} hai que poñer {{Cita Harvard|apelido1|apelido2|ano|p=XX|sp=sí}}, así seguido sen espazos en branco, para que quede coa mesma áncora. Só con que teña un espazo de máis nalgún valor, p.ex. {{Cita Harvard|apelido1| apelido2|..., a áncora xa cambia, neste exemplo quedaría "#CITEREFapelido1_apelido2ano". Son un pouco puñeteiros estes modelos :D Banjo tell me 29 de xuño de 2015 ás 05:48 (UTC)[responder]
Grazas, si que son puñeteiras si. Por certo, en galego "si" non leva til, cando é condicional é "se" :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

Cambio de espazo de nomes[editar a fonte]

Ó mellor conviría mover esta páxina ó espazo de nomes de Wikipedia e que colgara da páxina dos artigos de Calidade xa que penso que é de utilidade xeral, non credes? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 09:48 (UTC)[responder]

No artigo Lenin botas en falta referencias na sección "Cultura popular". Non sei se faltarán ou non, pero o que teño claro é que a aparición de Lenin no cine e na televisión non se pode chamar "cultura pupular", nin moito menos. Tamén é certo que non teño ningunha alternativa. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xullo de 2015 ás 22:17 (UTC)[responder]

As referencias ahí son seguramente doadas de atopar, en IMDB mesmo seguro están todas, xa me encargo diso. En canto o título da sección, se ves que non é moi axeitado, podería cambiarse a algo así coma "Cine e televisión" ou "Aparicións no cine e televisión"... algo polo estilo. Banjo tell me 2 de xullo de 2015 ás 08:42 (UTC)[responder]

Outro control[editar a fonte]

Outra cousa que se podería controlar é se os artigos teñen ligazóns cos proxectos irmáns, sobre todo con Commons, Galicitas e Galilibros ou o Galicionario nos casos que sexa posible. Que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 13:12 (UTC)[responder]

Paréceme que abusas un pouco :P. É boa idea, apuntei abaixo de todo a tarefa, levo xa uns cantos revisados, sigo máis tarde. Banjo tell me 2 de xullo de 2015 ás 13:58 (UTC)[responder]

control de calidade[editar a fonte]

Esta páxina podería pasar de ser a subpáxina dun usuario a formar unha páxina dentro da Wiki, como Wikipedia:Artigos de calidade/Control de calidade. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xullo de 2015 ás 13:49 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Estevo(aei). Xa o comentara Elisardojm mais non me dera conta. Engadín a data de cando se fixo, para diferenciala de futuros controis que se fagan posteriormente. Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 13:57 (UTC)[responder]