Conversa:Xosé Oliveira Blanco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Malia, como ben lembrou HombreDHojalata, ser Lavadores na altura do nacemento dos irmáns Oliveira Blanco un concello independente do de Vigo, non habería que categorizalos igualmente en "Nados en Vigo"? A categorización está baseada nos 315 concellos existentes actualmente, non en concellos históricos. Doutro xeito, habería que revisar boa parte das categorizacións que se fixeron de xente nada en séculos anteriores cando o mapa municipal galego era ben diferente do de agora...Penso que cómpre categorizalos como "Nados en Vigo".--Paradanta (Cóntame) 08:34, 11 de setembro de 2010 (UTC)

  • O certo é que é unha falsidade dicir que Xosé Oliveira Blanco naceu en Vigo--. HombreDHojalata.conversa 11:19, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Naceu no que hoxe é concello de Vigo, iso non é unha falsidade, polo menos non é menos certo que dicir que, por exemplo, Domingo de Andrade naceu no concello de Cee, pois naquela época tal concello non existía. Penso que Paradanta ten razón, a norma debería ser referirse á división municipal actual. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:45, 11 de setembro de 2010 (UTC).

E tamén sería falso dicir que Rafael naceu en Italia, ou que Hegel naceu en Alemaña, etc, etc...Penso que temos que referirnos á realidade xeográfica actual, porque senón a categorización ía ser ardua e caótica. --Paradanta (Cóntame) 12:03, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Ano de pasamento[editar a fonte]

Inda que hai un usuario anónimo que insiste en poñer que morreu no ano 1992, a deputación tivo a amabilidade de remitirme unha folla escaneada de "Homenaxe a Xosé Oliveira Blanco "O Moreno", Anuario da gaita, n.º 6, 1991. Escola Provincial de Gaitas, Deputación de Ourense", nela pode lerse claramente: "O día 25 de xaneiro do presente ano, démoslle o derradeiro adeus a Xosé Oliveira Blanco, "O Moreno",... Asina: Nazario González "Moxenas". Vigo 1991". Se alguén inda ten dúbidas que mo diga é lle envío o documento en pdf por correo electrónico--. HombreDHojalata.conversa 12:03, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Se segue a teimar no asunto haberá que bloquealo ou que protexer a páxina. --Paradanta (Cóntame) 13:27, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Fotografías borradas[editar a fonte]

Eu engadín unha fotografía de Xosé Oliveira Blanco e outra de Manuel Oliveira Blanco nos respectivos artigos, e HombreDHojalata quitounas dos artigos. ¿Cal é o senso? Grazas.--Policisne (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 20:23 (UTC)[responder]

O senso é que son unha violación de copyright, pois, a pesares do que puxeches en Wikimedia Commons, é obvio que as fotografías non son obra túa.
Recoméndoche a lectura de: Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xullo de 2013 ás 21:39 (UTC)[responder]


Iso é moito supoñer pola túa banda. Obviamente, poño o que o cuestionario me deixa poñer cando as subo. As fotografías son familiares, anónimas e doadas polos parentes vivos das persoas interesadas. Non son de boa calidade porque eles xa mas pasaron escaneadas e impresas e eu tiven que dixitalizalas por segunda vez a partires das impresions. Se estás a impugnalas polo que che parece, estás a tomar o papel dos verdadeiros autores délas ou os propietarios, que son quen deberían facelo, pero que neste caso non o van facer. Na miña opinión, non debería de ter necesidade de estar a dar estas espricacions aquí; o dereito a pedir que se borren é dos seus propietarios ou dos seus avogados, non de terceiras persoas non autorizadas a ilo, porque, entre outras cousas, isto deixa en indefensión aos que, como neste caso, xa nin lembran quen sacou unhas fotografías pero son os seus propietarios físicos por seren familiares.--Policisne (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 08:44 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xosé Oliveira Blanco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de marzo de 2019 ás 04:03 (UTC)[responder]