Conversa:Salvaterra de Miño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escudo de Salvaterra de Miño[editar a fonte]

O escudo de Salvaterra de Miño leva en todas as súas versións a bandeira de España, semella un engadido nacionalista.Nachonion (conversa) 1 de abril de 2014 ás 14:17 (UTC).[responder]

Segundo isto [1] o escudo non está aprobado oficialmente, no texto figura o da bandeira de España pero curiosamente no escudo que se acompaña non está, moitos deses escudos parecen que veñen da época franquista [2] e só hai 18 concellos da pronvincia de Pontevedra aprobados oficialmente, os outros están en diversas fases e non sei ata que punto son realmente oficiais.--Sernostri (conversa) 1 de abril de 2014 ás 14:28 (UTC)[responder]
Se hai fontes doutra cousa, pode mudarse, mais se a fonte amosa no brasón a bandeira de España, pois é o que hai. --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 14:30 (UTC)[responder]
Na propia páxina da deputación na descrición pon claramente "Non se coñece expediente de aprobación" o que quere dicir que pode habelo ou non, para un escudo ser oficial ten que ser aprobado ben pola Xunta ou pola administración do Estado se foi antes do transferencia de competencias[3], e para iso tería que figurar esa aprobación nalgures e nós poder dar esa referencia, pero non hai fonte acreditada que diga que se aprobou.--Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 20:44 (UTC)[responder]
E aínda máis a propia Comisión de Heráldica nas usas recomendacións di que se ha evitar a inclusión da bandeira de España [4] e das comunidades autónomas. --Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 20:53 (UTC)[responder]
E xa para rematar, hai realmente algunha referencia que indique que ese escudo ou calquera outro é oficial do concello de Salvaterra de Miño, a wikipedia funciona con referencias, e a única que hai non indica que sexa oficial, mais aínda o que di é que se descoñece que haxa expediente de aprobación, e iso non é unha referencia válida para constatar que sexa oficial.--Sernostri (conversa) 3 de abril de 2014 ás 20:56 (UTC)[responder]
Non, o escudo non é oficial, é unha proposta, e como tal debe constar. Eu a quitaría da caixa e engadiría un apartado de "Símbolos", no que describiría precisamente isto: que non ten escudo oficial e que hai unha proposta que é a seguinte: tal tal tal... --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 06:50 (UTC)[responder]
Pero nin sequera sabemos de quen é a proposta: o concello, a deputación, a Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia e sen iso como imos referenciar un apartado de símbolos, francamente eu quitaríao da caixa e mentres non haxa referencias do seu uso real por ex. polo concello nin sequera o poría oomo proposta, hai que ter claro o que se engade nun artigo, e ata agora o único que hai é que aparece na web da deputación de Pontevedra, onde nin sequera figura de xeito coherente xa que non coincide o o debuxo dese escudo coa descrición que figura na mesma páxina.--Sernostri (conversa) 4 de abril de 2014 ás 14:04 (UTC)[responder]
Eu na páxina do concello non atopei ningún sitio onde aparecera o escudo, nin referencia a el. Dado que é unha proposta, e non é o escudo oficial, penso que non pode poñerse no artigo, eu nin siquera o poría en símbolos polo que di Sernostri. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2014 ás 11:04 (UTC)[responder]

Na páxina web da Deputación de Pontevedra (http://www.depo.es/informacion-concello?p_p_auth=a69q2eFr&p_p_id=56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4&p_p_lifecycle=0&p_p_col_id=_118_INSTANCE_cADfkR0u1FoR__column-0&p_p_col_count=1&_56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4_groupId=1076146&_56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4_articleId=1137098) aparece o escudo pera sen a bandeira de España. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 14:03 (UTC)Regato das Tres Regueiras[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Salvaterra de Miño. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 08:50 (UTC)[responder]