Conversa:Pleópodo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fontes en galego reintegracionista[editar a fonte]

Boas, Xoio. Parece que reincides na introdución de fontes que empregan o galego reintegracionista para lexitimar termos lusistas. Creo que a Galipedia segue as normas ortográficas da RAG e os termos lusistas non teñen cabida nos artigos (Banjo, poderíasme confirmar se están ben as referencias que empregan o galego reintegracionista para lexitimar termos?). Saúdos.--Isili0n (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 19:40 (UTC)[responder]

Xa saíu nalgunha outra conversa a cuestión, en máis dunha ocasión. As fontes AGAL non se consideran válidas para referenciar termos galegos. Banjo tell me 28 de marzo de 2017 ás 19:43 (UTC)[responder]
Graciñas, procedo a retiralas.--Isili0n (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 19:47 (UTC)[responder]
A fonte reinegracionista non a introducín para xusatificar o termo (pleópodepleópodo), senón para traducir o texto destas referencias. Para xustificar o uso de pleópodo usei o Digalego, da Xunta de Galicia. (Ver pleópodo en Digalego). E unha nota para Isili0n: non se deben editar artigos que estean co marcador en uso. --XoioÉche o que hai 28 de marzo de 2017 ás 20:04 (UTC)[responder]
Nese caso, non entendo por que pos como referencia o nome co que aparece nesa obra en negriña en troques da páxina de onde sacas a información. Por certo, cando realicei os cambios non había ningún marcador de en uso; podes ver no historial que ti mesmo o quitas antes de que eu editase. Saúdos.--Isili0n (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 20:42 (UTC)[responder]
Como se trata dun dicionario, penso que é máis práctico citar a palabra, e non a páxina. O mesmo fixen noutros artigos de tema parecido cos dicionarios de Ir Indo e de Xerais (non así co da DRAG que, como está en liña, basta poñer a ligazón. E creo que si tiña o marcador "en uso"; pero se non foi así, Isili0n, desculpa. --XoioÉche o que hai 28 de marzo de 2017 ás 20:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pleópodo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 21:36 (UTC)[responder]