Conversa:Lagopus muta

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sinónimo lagópodo alpino[editar a fonte]

Introducín este sinónimo porque a RAG define no seu dicionario lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».[1] E aínda que os lagópodos son aves de tamaño parecido ao das perdices, e da mesma familia (e nalgúns idiomas, como en castelán, denomínase tamén perdiz nival (ademais de lagópodo alpino), parece máis adecuado o nome de lagópodo que o de perdiz, por dúas razóns:

  1. Lingüística: a Academia non se refire para nada ás perdices na definición de lagópodo.
  2. Taxonómica: as verdadeiras perdices forman parte dunha subfamilia distinta (a dos perdicinos) que os lagópodos, encadrados na subfamilia dos tetraoninos, algo afastadas filoxeneticamente.

Véxase o artigo Lagopus. --XoioÉche o que hai 7 de xaneiro de 2019 ás 20:48 (UTC)[responder]

Cambio de título[editar a fonte]

Despois do exposto anteriormente, prenso que debería cambiarse o título deste artigo polo do seu nome científico Lagopus muta (tal como figura agora no "cadro de taxonomía"), xa que a especie non ten nada que ver coas perdices (que pertenen a outra subfamilia), e semalla que, neste caso, hai unha interferencia do castelán. --XoioÉche o que hai 1 de marzo de 2019 ás 20:48 (UTC)[responder]

Concordo E o Digalego di que os lagópodos son do xénero Lagopus ("Nome que reciben varias especies de aves do xénero Lagopus").--Miguelferig (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 16:47 (UTC)[responder]

Concordo e procedo a mover o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 17:39 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 23:33 (UTC)[responder]