Conversa:Ira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problema coas ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Os artigos "ira" doutras linguas (d:Q79871) xa están ligados co noso xenreira. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 20:16 (UTC)[responder]

Convirto en redirección e engado o contido (a aclaración) no outro artigo. --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 20:33 (UTC)[responder]
Pensándoo mellor, non estou de todo seguro que ambas palabras sexan exactamente sinónimas. Pódeo confirmar alguén? --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 20:37 (UTC)[responder]
Non son o mesmo, xenreira é a manía ou antipatía que se pode ter alguén ou a algo; a ira é a cólera ou a furia. Pero o actual artigo xenreira fai referencia á ira máis que a xenreira.--Sernostri (conversa) 26 de xaneiro de 2014 ás 21:20 (UTC)[responder]
Daquela, habería que corrixir as ligazóns interlingüísticas. --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 21:24 (UTC)[responder]
Habería que mover xenreira a ira, que é o que se define nese artigo, a xenreira non vai asociada á violencia, aínda que pode habela.--Sernostri (conversa) 26 de xaneiro de 2014 ás 21:28 (UTC)[responder]