Conversa:Estados Unidos de América

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No cadro coa poboación das cidades non ven indicado de que ano son os datos, nin cal é a fonte.--Miguel.lima 11:06, 21 maio 2006 (UTC)

  • Nese mesmo problema vense algunhas enciclopedias de papel; cando é así é preferible toma-los como datos orientativos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 11:13, 21 maio 2006 (UTC)


Se algún estado non é nación son os Estados Unidos. Alí son estadounidenses irlandeses, paquistanís, mexicanos, alemáns, cheyennes e lakota...por dicir algúns.--Norrin_strange (Talk) 22:36, 30 decembro 2007 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Sigo sen entender a satisfacción de estropear o ben de todos porque si... Que triste. --Uxío 13:53, 6 outubro 2008 (UTC)

Superficie e posto no ranking de países por superficie[editar a fonte]

No artigo asegúrase que "Con 9,85 millóns de km2 ... os Estados Unidos é o terceiro ou cuarto meirande país por área total". É absurdo expresalo así (terceiro ou cuarto) sen explicar os criterios que o colocan nun ou noutro lugar. No cadro concreta no terceiro posto e esa superficie en 9.857.306 km2, e remite á lista de países por superficie. O problema é que nesta lista está en cuarto lugar, con 9.161.966 km2 porque non inclúe "territorios nin áreas marítimas"; nesta lista o terceiro país por superficie é China, con 9.596.960 km2. Non é que me importe moito o tamaño dos países nin o posto no ranking, pero debemos ser coherentes: ten que medir o mesmo nos dous artigos (e en nota explicar qué inclúe e que non), e debe estar no mesmo posto nos dous artigos. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 13:46 (UTC)[responder]

Usuario:Estevoaei, non debería ser "Os Estados Unidos de América son un estado federal composto por..." no canto de "Os Estados Unidos de América é un estado federal composto por..."? --Norrin (Fálame) 21 de marzo de 2017 ás 16:41 (UTC)[responder]

@Norrin strange: por sintaxe o verbo debe concordar co núcleo da frase nominal, non co atributo. Está así desde a primeira edición en 2004, bo é corrixilo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2017 ás 17:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estados Unidos de América. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 15:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estados Unidos de América. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 10:34 (UTC)[responder]

Estados Unidos de América/Os Estados Unidos de América[editar a fonte]

Malia non poñer o artigo na Galipedia, no DRAG o uso do artigo é sistemático; vese claro neste exemplo de definición do DRAG: "De Washington (Os Estados Unidos de América) ou dos seus habitantes [1]. Non deberiamos titular o artigo Os Estados Unidos de América seguindo o que parece un criterio claro da RAG? Non só nos exemplos tamén nas definicións:"na rexión dos grandes lagos, entre Os Estados Unidos e O Canadá"[2] no que se observa ademais que o criterio é válido para outros países/territorios que precisan artigo --HacheDous=0 (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 18:42 (UTC)[responder]