Conversa:Ence

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Dubido de que, como se di no artigo, esta factoría estea situada no concello de Pontevedra. Se é así, por favor, que alguén mo comunique na miña páxina de usuario ou que o especifique no artigo (posto que "Pontevedra" pode facer referencia á provincia). Necesito saber tamén a que concello pertence Lourido (lugar situado na outra banda da ría), ¿a Barro, quizais?

O motivo é que vou subir esta foto (http://www.flickr.com/photos/juantiagues/4214205006/in/pool-652253@N20/?addedcomment=1#comment72157623074864586 ) e non sei onde situala. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  20:36, 26 decembro 2009 (UTC)

Ence está na parroquia de Lourizán que pertence ao concello de Pontevedra pero que limita co de Marín e non sei se parte do terreo de Ence estará xa no concello de Marín. Hai un Lourido na parroquia de Pardecanai no concello de Barro.--RNC 20:45, 26 decembro 2009 (UTC)
O Lourido á que fas referencia debe ser: Lourido, San Salvador de Poio, Poio. O Lourido de Barro non ten costa.--Xas (fálame) 20:53, 26 decembro 2009 (UTC)
Moitas grazas ós dous. A ver se dou engadido a información, pois creo que me vai estoupar a cabeza intentando manter aquí o tipo e en Flickr ó mesmo tempo.-- Lmbuga / Conversa comigo  21:17, 26 decembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ence. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 08:00 (UTC)[responder]