Conversa:Corvo grande

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome galego segundo Conde Teira é "Corvo Grande", ou mellor con minúscula: "corvo grande" (Conde Teira, M. A. 1999. Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa 1: 121-138. URL: http://www.chioglossa.com/fotos/1220434369_CgO2.pdf [con acceso: 5/5/2010]. Penas Patiño e outros (1991) propuxeron "corvo carnazal" (Penas-Patiño, X. M.; Pedreira, C. & Silvar, C. 1991. Guía das aves de Galicia. Bahía Edicións, A Coruña). Non sei onde sae "corvo común". Hai outro erro: "cornexa negra" para Corvus corone, que ven sendo unha tradución do castelán "corneja negra" sen corresponderse coas voces galegas "corvo pequeno", "corvelo" ou "cornacha". Saúde! Damián

Feito! Feito! o movemento. Para outra vez síntete libre de face-las mudanzas ti mesmo, sen problema. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:28, 5 de maio de 2010 (UTC)
O nome corvo común (que, por certo, aparecía no pé dunha das fotos) é un calco do castelán (o mesmo que *cornexa o é de corneja). --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2019 ás 23:56 (UTC)[responder]
Cambiei o de "común" por "grande" e engadín a referencia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2019 ás 20:24 (UTC)[responder]