Conversa:Cardeais creados por Bieito XVI

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sería máis correcto o título "Cardeais nomeados por Bieito XVI", quizais? --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2014 ás 11:54 (UTC)[responder]

Norrin corríxeme se me equivoco pero o proceso de acceso ao cardenalato ten dous momentos, un no que o nomea o Papa e outro no que o Papa crea o cardeal, publicamente nun consistorio, nalgúns casos un cardeal pode permanecer in pectore, sen ser creado (por exemplo se hai persecución no seu país aos católicos) e non accede os dereitos inherentes ao cardenalato. Se a lista é para refirirse aos creados entón o título é correcto se é para incluír tamén os in pectore, se os houbo que non sei, entón non.--Sernostri (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 15:39 (UTC)[responder]
Segundo teño entendido eu (e isto, bastante fiable, confirma) os in pectore tamén son creados. O papa "crea" aos cardeais, no sentido que é algo que depende del en exclusiva, non é un encargo. Dende o momento en que o papa di no consistorio que crea a dous in pectore, por exemplo, eles son xa cardeais, totalmente. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de febreiro de 2014 ás 15:52 (UTC)[responder]
[1] Pois tes razón en que os in pectores son tamén creados e aí eu estaba nun erro, pero non produce efectos ata que o Papa anuncia o nome.--Sernostri (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 16:03 (UTC)[responder]