Conversa:Carballeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Este artigo está mal: a carballeira non é un bosque de carballos, é unha formación antrópica de carballos, como o souto o é de castiñeiros. Ambas formacións non son naturais, senon intervidas polo home para favorecer o crecemento dos carballos ou castiñeiros en detrimento de outras especies que son reducidas a anecdóticas, ben co obxectivo de producción madeireira, de froitos, ou simplemente para o ocio. Moitas veces soen estar plantadas en marcos de plantación. O que se descrebe no artigo non é unha carballeira senon unha fraga, que tamén está dominada por carballos, pero no que aparecen máis especies arbóreas constituíndo, este si, un bosque natural.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.87.87 (conversacontribucións)

  • Ola, ip. Se podes referenciar o que comentas, podes cambialo ti mesmo sen problema ningún. Niso consiste a edición nunha wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:11, 22 de xuño de 2011 (UTC)
  • Ola, cambiei e ampliei o artigo. Unha carballeira, como ben diciades, en xeral é unha formación antrópica para o aproveitamento de madeira ou un arboredo onde se celebran feiras e festas, pero tamén recollería a acepción de bosque de carballos, o que en castelán sería: robledal e en inglés oak grove. No artigo reflíctense e explícanse as dúas acepcións. Gracias.

Ligazóns cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Cómpre evitalas neste artigo. Ferramenta: [1] --. HombreDHojalata.conversa 13:43, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola HombreDHojlata, fun eu quen editei o artigo. Paréceme correcto eliminar os hmónimos, grazas, pero había ligazóns que si era interesantes que estivesen, como ladra, fraga e non só bosque ou Fragas do Eume. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións)

Unicamente eliminei as ligazóns internas que estaban repetidas. Tes máis información sobre o tema en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas. --. HombreDHojalata.conversa 21:39, 27 de febreiro de 2012 (UTC)