Conversa:Cantigas de Santa María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Que sentido ten o apartado Cantiga?--Marcos 15:36, 25 novembro 2006 (UTC)
  • Pois parece algo anecdótico o feito de contrastalo co portugués moderno, máis ben como unha curiosidade. Considero que o que habería que facer ao mellor era deixar un exemplo dunha cantiga de Santa María cunha disposición gráfica propia da poesía, e tal vez a comparanza co portugués moderno iría noutro artigo máis apropiado. --Xoán Carlos Fraga 20:00, 26 marzo 2007 (UTC)
    • Coa adición da versión en portugués que engadiu o usuario 188.83.83.90, engadido que non sei que sentido ten, a estrutura e presentación da páxina estragouse. Ou revertimos ese engadido -proposta que fago- ou alguén que saiba facelo deberá arranxa-las cousas para devolverlle a presentación axeitada. Pedro --Lameiro (conversa) 20:32, 13 de maio de 2010 (UTC)

[editar] Ligazón externa ao sitio Cantigas de Santa Maria for Singers

Quero engadir unha ligazón externa desde este artigo ao sitio web «Cantigas de Santa Maria for Singers» en http://www.cantigasdesantamaria.com/ . O sitio é meu, de modo que o engadir o enlace poderíase considerar como conflito de intereses. Con todo o sitio non é comercial; é de concepción académica en gran parte aínda que vai dirixido aos intérpretes, e ademais—o máis importante—é actualmente o único sitio web que ten transcricións de boa calidade, meticulosamente corrixidas, de todas as Cantigas. (Os textos en Wikisource portugués son suficientemente rotos que non serven aos intérpretes para case nada, e podería enganar moito aos académicos, porque teñen unha chea de erros de OCR, e faltan máis de 2500 letras con til (non soamente os tils, senón as letras mesmas). Os textos do sitio francés son iguais, e parecen ser de orixe común). Se outra persoa quere engadir a ligazón, iso sería estupendo! Se non, engadireino eu mesmo se ninguén pon obxeccións aquí antes do 31 de xullo 2011. Grazas. Acasson 19:47, 1 de xullo de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito!. Moi interesante a páxina. --Atobar (conversa comigo) 18:36, 6 de xullo de 2011 (UTC)
    • Moitas grazas Atobar, moi amable! Acasson 18:13, 7 de xullo de 2011 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas