Conversa:Alacante

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Conservaría esta páxina como redirección á forma correcta Alacant - Alicante. Alacante ten certo uso no galego. [ Furagaitas * ] 13:41, 21 setembro 2009 (UTC)

Ten certo uso, pero é incorrecto. Perdón se soa brusco, pero tamén ten "certo uso" Orense, La Coruña e Sanjenjo. Non creo que se deba manter a redirección. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:54, 21 setembro 2009 (UTC)

  • Só se podería manter a redirección se fose unha forma correcta. Concordo con Estevo. --Toliño Fala aquí comigo 17:12, 21 setembro 2009 (UTC)

Parece que a miña proposta non atopou moitos apoios. Porén, permitídeme que gaste unha última bala. Existen no Galizionario moitas (se cadra centos) ligazóns incorrectas, cuxo propósito, entendo, é facilitarlle a busca ó lector. Un lector que, coma min, pense que a forma correcta é Alacante e non atope ese artigo, acabará por crer que non existe. Xa digo que como este caso (e vos saberédelo ben mellor ca min) existen moitos (estonio, ucraniano, basco, idioma aimara, fruta, cazualla, acivo, acevro, etc, etc), por non falar de títulos para os que a norma aínda non se pronunciou. Biquiños. [ Furagaitas * ] 19:49, 25 setembro 2009 (UTC)

  • Comentario Eu non o teño claro neste caso, a verdade. Obviamente non é o mesmo Orense ca Alacante. --Xabier Cid Conversa 19:53, 25 setembro 2009 (UTC)
  • Concordo Concordo co borrado de Alacante (e, por suposto, das entradas incorrectas que nos descubre Furagaitas). Debemos ser rigorosos coa lingua e non dar cabida, menos como entrada e aínda que sexa redirección, a formas erróneas. Podería ir, se se quere, como nota a rodapé que "tamén ten uso" Alacante, pero ¿canto uso e como se referencia? Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 25 setembro 2009 (UTC)
  • Polo menos conseguín (ou iso espero) que se lle dea voltas ó tema. A miña posición penso que queda clara. Só unha cousiña máis: na miña anterior intervención, onde dixen "Galizionario" quería dicir "Galipedia". Desculpen as molestias... ;) [ Furagaitas * ] 21:25, 25 setembro 2009 (UTC)
  • Discordo. Despois de darlle algunhas voltas, creo que hai que manter Alacante como redirección. A razón é precisamente que non é unha forma incorrecta, ou, en todo caso, é unha forma sobre a que, ao ser un topónimo, pode haber dúbidas máis ca razonables sobre a súa forma de escrita correcta. Alacante é unha forma amplísimamente difundida, e só sabemos que a correcta é Alacant porque é a citada secundariamente nos dicionarios ao definir alacantino. Non hai fontes sólidas onde se recolla Alacant como entrada, e ademais, o uso habitual é Alacante. Creo que é razón abonda pra manter a redirección constatando na entra que a forma correcta é Alacant. --Xabier Cid Conversa 21:34, 25 setembro 2009 (UTC)
  • De paso borrei as formas erróneas que sinalou Furagaitas, pero mantiven as que non son incorrectas, senón variantes dialectais. --Xabier Cid Conversa 21:41, 25 setembro 2009 (UTC)