Constantino Nogueira Sardina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 Santiago de Compostela, España |
Morte | 24 de abril de 1932 (63/64 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Fillos | Eduardo Nogueira Pereira |
Constantino Nogueira Sardina, nado en Santiago de Compostela en 1868 e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1932[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Constantino Nogueira foi fillo de Manuel Nogueira Leal e Concepción Sardina Ameneiro, e tivo 5 irmáns. Foi dono do Café Iberia, no número 12 da Rúa do Vilar, e Xefe de Consumos de Santiago, e ademais fundador do Partido Republicano Radical en Compostela.
Casou con Carmen Pereira Suárez, coa que tivo 10 fillos, entre eles o mestre e toureiro Eduardo Nogueira Pereira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 25-4-1932, p. 2.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |