Confraría do Santísimo Cristo da Piedade de Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Semana Santa de Viveiro.

A Confraría do Santísimo Cristo da Piedade é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro.

Procesións[editar | editar a fonte]

Durante a Semana Santa de Viveiro, a Confraría do Santísimo Cristo da Piedade encárgase de sacar as seguintes procesións:

Estandarte[editar | editar a fonte]

O estandarte da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade foi confeccionado polas monxas Concepcionistas de Viveiro e data do ano 1944. O seu tecido é de veludo negro, con grandes bordados en fío de prata. O corpo central presenta os elementos da Paixón de Cristo: Coroa de Espiñas na que se inscriben tres cravos e á súa vez, sobre esta sitúanse dúas frechas formando unha aspa. Todo o conxunto central está bordeado por medio dunha gran grilanda formada por follas e flores. Na parte inferior recórtanse unha onda central flanqueada por dous borlóns e dous remates cuadrangulares nos laterais. No reverso do estandarte, aparece bordada igualmente en fío dourado a inscrición «Confraría do Santísimo Cristo da Piedade» así como a data de confección en números romanos.