Irmandade da Santa Cruz de Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Semana Santa de Viveiro.

A Irmandade da Santa Cruz é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro.

Procesións[editar | editar a fonte]

Durante a Semana Santa de Viveiro, a Confraría do Santísimo Cristo da Piedade encárgase de sacar as seguintes procesións:

Estandarte[editar | editar a fonte]

O estandarte da Irmandade da Santa Cruz foi confeccionado polas monxas Concepcionistas de Viveiro e data do ano 1953. O seu tecido é de veludo granate, con grandes bordados en fío dourado. O motivo central aparece enmarcado por unha orla vexetal, no que aparece disposto, situado sobre unha base rochosa a Santa Cruz coa Saba Santa colgada dos seus brazos. Ao redor da mesma, diferentes liñas radiais imitan escintileos. Baixo o emblema principal sitúanse os símbolos da Paixón de Cristo: os cravos, rodeados pola Coroa de Espiñas. No reverso do estandarte, aparece bordada igualmente en fío dourado a inscrición «Irmandade da Santa Cruz» así como a data de confección en números romanos.