Conan o destrutor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Conan o destrutor | |
|---|---|
| Título orixinal | Conan the Destroyer |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Richard Fleischer |
| Produtor | Raffaella De Laurentiis |
| Guión | Stanley Mann |
| Baseado en | Personaxes de Robert E. Howard |
| Intérpretes | Arnold Schwarzenegger Grace Jones Wilt Chamberlain Tracey Walter Sarah Douglas Mako Iwamatsu Olivia d'Abo |
| Música | Basil Poledouris |
| Fotografía | Jack Cardiff |
| Montaxe | Frank J. Urioste |
| Estudio | Dino De Laurentiis Company |
| Distribuidor | Universal Studios |
| Ano | 1984 |
| Duración | 103 minutos |
| País | |
| Xénero | Fantástico |
| Orzamento | |
| Filme anterior | Conan o bárbaro |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Conan o destrutor é un filme de xénero fantástico dirixido por Richard Fleischer e protagonizado por Arnold Schwarzenegger que foi estreado en 1984. É a continuación do filme Conan o bárbaro.
Índice |
[editar] Argumento
A poderosa Raíña Taramis promete a Conan facer volver á súa amada do reino da morte, pero imponlle unha condición: debe traerlle un lendario corno incrustado de pedras preciosas e unha fermosa princesa. Pero Conan non sabe cales son as verdadeiras intencións de Taramis. A raíña quere empregar o corno para espertar ó durminte deus Dagoth e sacrificarlle á xove princesa. Enfrontado con inimigos mortais e sobrenaturais, Conan debe convocar ás forzas do Ben para derrotar a Taramis e mesmo ó deus Dagoth.
[editar] Personaxes
| Actor | Papel | Descripción | Armas |
|---|---|---|---|
| Arnold Schwarzenegger | Conan | Un guerreiro que chora a morte da súa amada Valeria do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxectos máxicos. | Espada Atlantean, machada de batalla e dagas. |
| Grace Jones | Zula | Unha asaltante que é rescatada por Conan e que se une ó seu grupo. Acabará reemprazando a Bombatta como capitán da garda. | Lanza. |
| Wilt Chamberlain | Bombatta | Capitán da garda de Shadizar, é enviado pola raíña para comprobar a evolución da misión de Conan e máis tarde traizoarao. Morre a mans de Conan cando este interfire na resurrección de Dagoth. | Maza, machada, espada e bolas. |
| Olivia D'Abo | Jehnna | É unha virxinal princesa cuxo destino é obter o corno máxico que resucitará ó deus Dagoth. Debido a unha profecía é a única persoa capaz de conseguir o corno. | Non leva. |
| Mako Iwamatsu | Akiro | Un mago amigo de Conan que narraba tanto o filme anterior coma este. Acepta ser o feiticeiro xefe de Shadizar. | Maxia. |
| Tracey Walter | Malak | Un ladrón que acompaña a Conan. | Dagas. |
| Pat Roach | Toth-Amon | O feiticeiro propietario da xema. | Maxia. |
| Sarah Douglas | Raíña Taramis | A malvada raíña de Shadizar que quere resucitar a Dagoth, o deus durminte, do cal ela é unha seguidora. Tamén é a tía de Jehnna. | Dagas. |
| Jeff Corey | Gran Visir | Feiticeiro persoal da raíña. | Maxia e dagas. |
| Sven-Ole Thorsen | Togra | Gardián da raíña que trata de secuestrar a Jehnna antes de morrer a mans de Conan. | Espada. |
| André Roussimoff | Dagoth, o deus durminte. | Malvado deus que traerá a escuridade ó mundo se é resucitado. | Corno, superforza e manipulación da luz. |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Rotten Tomatoes (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)