Comunidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Comunidade en termos xerais pode ser entendida como un conxunto de seres vivos relacionados entre eles que habitan nun mesmo lugar ou posuen unha característica común.

Este termo pode ter outras acepcións relacionadas coa idea anterior:

  • En socioloxía, unha comunidade é un conxunto de persoas con intereses mutuos que viven no mesmo espazo e se organizan dentro dun conxunto de normas. Os estudantes que viven no mesmo dormitorio forman unha comunidade, así como as persoas que viven na mesma aldea, cidade ou no mesmo barrio.
    • As comunidades utópicas, tamén chamadas Falansterio, foron intentos durante o século XIX e primeira metade do século XX de crear a unha escala reducida unha comunidade baseada en principios de colaboración, propiedade colectiva e unha organización racional do traballo e da vida social (exemplos: New Harmony, Icaria...).
  • En informática unha Comunidade Wireless consiste en grupos de voluntarios que pretenden construír redes informáticas libres e gratuítas alternativas ás redes privadas xestionadas por empresas.
  • En informática unha comunidade tamén pode ser entendida como un conxunto de persoas que se relacionan virtualmente a través do orkut.
  • En España, unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do estado de Español, está dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
  • En Drogadicción a Comunidade terapéutica ou (CT) adícase o tratamento do abuso e adicción ás drogas Son ambientes residenciais libres de droga que usan un modelo xerárquico con etapas de tratamento que reflicte niveis cada vez maiores de responsabilidade persoal e social.