Complexo deportivo Rías do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Complexo deportivo Rías do Sur
Coordenadas42°25′13″N 8°39′39″O / 42.420168963226, -8.6609020986937Coordenadas: 42°25′13″N 8°39′39″O / 42.420168963226, -8.6609020986937
editar datos en Wikidata ]

O Complexo deportivo Rías do Sur é un complexo deportivo situado en Pontemuíños (Pontevedra),[1] e que destaca por contar cunha das catro piscinas olímpicas de Galicia[2] xunto coa piscina municipal de Riazor (A Coruña)[3], a piscina olímpica municipal de Lieiro (Cervo)[4], e a piscina Rosario Dueñas (Ourense)[5].

Historia[editar | editar a fonte]

A idea da creación dunha piscina olímpica na zona naceu da falta de espazo e recursos que experimentou o Club Natación Galaico (fundado no 1994) a finais dos anos 1990, que por aquel entón estaba a crecer moito en tamaño e seguía tendo que utilizar as rúas dispoñibles nunha piscina de 25 metros dun ximnasio en Pontevedra chamado Gimnasio Budo.

A conciencia da envergadura do proxecto levou a crear no ano 2000 a Asociación de Amigos de la Piscina Olímpica, composto por 150 asociados (a maioría familias). Esta asociación xunto co Club Natación Galaico e o Club Natación Rías Baixas (creado en 1996), que suman máis de 350 nadadores, integran o padroado da Fundación Rías do Sur. O esforzo económico da asociación, a cesión de terreos polo Concello e o concurso económico do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Deportes promoverá a construción da piscina olímpica coa colaboración de Ence cedendo a enerxía calorífica.

As obras leváronse a cabo entre outubro de 2003 e 2005, e inaugurouse o 3 de marzo de 2006.[1]

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rías Do Sur – Galaico Sincro" (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  2. ""Necesitamos una piscina de nivel para entrenar y competir"". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2018-06-10. Consultado o 2023-08-22. 
  3. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Piscina Municipal de Riazor". Ayuntamiento de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  4. "PISCINA OLÍMPICA DE LIEIRO | Cervo". www.concellodecervo.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-22. 
  5. "Piscina Rosario Dueñas (50 m) | Consello Municipal de Deportes". www.deportesourense.com. Consultado o 2023-08-22.