Colchón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un colchón moderno

O colchón ou almadraque é unha peza almofadada e flexíbel que se coloca sobre a cama e se emprega para deitar o corpo e durmir. O colchón recheo de la chegou a Europa despois das Cruzadas, cando os europeos adoptaron o costume árabe de durmir sobre coxíns. Antigamente, os colchóns (almadraques ou xergóns) constaban dunha funda rechea de materiais orgánicos como palla, la, follas, etcétera, que eran o niño ideal para pequenos insectos, polo que cumpría ventilalos e airealos decote. Os xergóns de la foron populares en Europa ata ben entrado o século XX. Nalgúns países, existía a figura do colchoeiro que era un profesional que viaxaba de vila en vila aireando, enchendo e restaurando os colchóns de la[Cómpre referencia].

En Galicia eran comúns os almadraques recheos de follato do millo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]