Club Voleibol Playas de Benidorm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Voleibol Playas de Benidorm é un equipo de voleibol da localidade de Benidorm, Alacant (Comunidade Valenciana). O club naceu no 2010 como sucesor do Club Voleibol Benidorm e do Club Voleibol Finestrat tralos problemas económicos xurdidos neste último. Na tempada 2010-11 competiu na Superliga Femenina ocupando a praza que deixou o Cala de Finestrat.[1] Xoga os seus partidos como local no Palau D´Sports L´Illa de Benidorm.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Voleibol Playas de Benidorm naceu en maio do 2009 coa idea de que os antigos xogadores da cidade puideran facer algún equipo para seguir a xogar ao voleibol esa tempada. Pouco tempo despois xurdiu a posibilidade de tomar o relevo do Club Voleibol Benidorm na xestión do Voleibol en Benidorm, e tras non poucas deliberaciones e dúbidas, asumiu o reto, pasando a competir na tempada seguinte (2010-11) na Superliga Feminina ocupando a praza que deixara o Cala de Finestrat.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Finestrat.tv". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]