Clemente Fernández Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClemente Fernández Lorenzo
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
Corzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
A Veiga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVidal Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Clemente Fernández Lorenzo, coñecido como Vidal, nado en Corzos (A Veiga) en 1901 e finado no mesmo concello o 26 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Tiberio Fernández Vidal. Estudou no Seminario de Astorga, onde fixo amizade con Alfonso Ortega Prada. Foi nomeado secretario do concello de Vilariño de Conso na ditadura de Primo de Rivera[1] e durante a República foi secretario do concello de Monterrei.[2] Secretario do comité de Izquierda Republicana da Veiga, co triunfo da Fronte Popular foi nomeado delegado gobernativo para proceder á destitución da corporación dereitista. Foi concelleiro da Veiga dende o 3 de marzo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi presidente do Comité Revolucionario de Defensa da República que se fixo cargo do goberno o 21 de xullo. Logo fuxiu ao monte. Foi capturado pola Garda Civil o 24 de novembro nos montes de Seoane con Manuel González Yebra, Amable Vidal Enríquez e Fortunato Vega Rodríguez, que foron abatidos alí mesmo. El foi trasladado aos Lameiros, a uns 200 metros da Veiga, onde foi asasinado polas costas polos gardas dous días despois.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán de Rafael e Tiberio Fernández Lorenzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 11-12-1925, p. 3.
  2. La Región. 22-4-1933, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]