Cláusula filioque
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na teoloxía cristiá, a cláusula filioque ou controversia filioque refírese á disputa entre a Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa pola inclusión no Credo constaninopalitano do termo filioque que significa "e do Fillo".
A Igrexa Oriental difire da Occidental no que expón o Credo de Nicea sobre o Espírito Santo. Na forma oriental dise: o Espírito Santo "procede do Pai". Na forma occidental, engádense a palabras "e do Fillo" (escrito en latín, filioque). A Igrexa occidental confesa unha dobre procesión do Espírito Santo: "Do Pai e do Fillo". A Igrexa Oriental considera que iso é unha herexía.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- "O que é a Cláusula filioque?" (en portugués). http://www.gotquestions.org/Portugues/clausula-filioque.html.
- "The Greek and Latin Traditions Regarding the Procession of the Holy Spirit" (en inglés). http://www.ewtn.com/library/CURIA/PCCUFILQ.HTM.
- "Joint North American Orthodox-Catholic Statement" (en inglés). http://www.scoba.us/resources/orthodox-catholic/2003filioque.html.
- "Filioque" (en inglés). http://www.orthodoxwiki.org/Filioque.
- "Filioque" (en inglés). http://www.orthodoxanswers.org/filioque.pdf.
- "Filioque" (en inglés). http://cyclopedia.lcms.org/display.asp?t1=f&word=FILIOQUECONTROVERSY.