Circuíto de Guadarrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Circuíto de Guadarrama
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización España Madrid e Segovia
Lonxitude 103 km
Curvas
Volta rápida
Piloto Récord Carlos de Salamanca
Escudería Récord Rolls-Royce
Coordenadas
Vista do Circuíto

O Circuíto de Guadarrama foi un circuíto de carreiras que transcorría pola Serra de Guadarrama entre as provincias de Madrid e Segovia por vías públicas. Usouse na primeira edición do Gran Premio de España en 1913.[1]

Gran Premio de España de 1913[editar | editar a fonte]

O Gran Premio de España de 1913 organizouno o RACE sendo o promotor Afonso XIII. O trazado transcorría polas localidades de La Granja, Navacerrada, cruce da estrada da estación de Villalba a Segovia coa de Madrid a A Coruña, Guadarrama, Alto del León, San Rafael, Revenga, Segovia e La Granja cun total de 309 km de lonxitude. O vencedor foi Don Carlos de Salamanca a bordo dun Rolls-Royce de 40 cv de potencia, que completou nun tempo de tres horas, trinta e catro minutos e once segundos. A proba non se volveu a realizar ata 1923, xa no circuíto de Sitges-Terramar.

XII Horas de Guadarrama[editar | editar a fonte]

Na década de 1920 celebráronse alí durante varios anos as XII Horas de Guadarrama, que quizais foi a primeira proba de resistencia de España antes das celebradas en Lasarte. Motos, sidecars e autociclos competiron nesa proba sen pechar o tráfico rodado durante o transcurso da proba. O trazado utilizado foi o mesmo que en 1913, só que sen pasar por Segovia e trasladando a meta de San Ildefonso ata Guadarrama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sergio Lillo. "100 años de aquel primer Gran Premio". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 15 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]