Cipriano Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cipriano José Caamaño Castro»)
Infotaula de personaCipriano Caamaño
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
A Ameixenda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Boborás
1991 – 2019
← Cándido CabanelasAna Patricia Torres Madureira → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Boborás Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Cipriano José Caamaño Castro, nado na Ameixenda (Cee) en 1949,[1][2] é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico de profesión no Centro de Saúde de Boborás. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Boborás e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. No 2019 decidiu non presentarse Ás eleccións municipais quedando no seu lugar Ana Patricia Torres Madureira, que fora durante 8 anos concelleira de Cultura, Turismo, Deporte, Educación, Xuventude e portavoz. A nova candidata gañou por maioría absoluta conseguindo 8 concelleiros dos 11 posibles.[3] Cipriano Caamaño xubilouse como médico o 18 de marzo de 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]