Ciao amore, ciao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Ciao amore, ciao»
Canción de Luigi Tenco
Lanzamento Xaneiro de 1967
Formato
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Italiano
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Luigi Tenco
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Ciao amore, ciao» ([ˈt͡ʃao aˈmo.re ˈt͡ʃao]; en galego: «Adeus amor, adeus») é unha canción composta polo cantautor italiano Luigi Tenco e interpretada, en versiones distintas, por Tenco e Dalida.[1][2] Foi interpretada por ambos durante a fase preliminar do Festival da Canción de Sanremo de 1967.

Contexto[editar | editar a fonte]

Gravación[editar | editar a fonte]

«Ciao amore, ciao»
Sinxelo de Luigi Tenco
Lanzamento Xaneiro de 1967
Formato Disco de vinilo 7"
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Italiano
Duración 3:00
Discográfica RCA Italiana
Produtor(es)
Escritor(es) Luigi Tenco
Miscelanea {{{miscelanea}}}
«Ciao amore, ciao»
Sinxelo de Dalida
do álbum Dalida
Lanzamento Xaneiro de 1967
Formato Disco de vinilo 7", LP, jukebox
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Italiano
Duración 3:08
Discográfica Barclay Records
Produtor(es)
Escritor(es) Luigi Tenco
Miscelanea {{{miscelanea}}}

A idea de gravar a canción xunto a Dalida xurdiu en París tras o verán de 1966, pouco despois de que ambos se coñecesen.[3] Orixinalmente, o título da canción era «Ciao amore», pero cambiou unhas semanas antes do Festival da Canción de Sanremo por razóns legais.[4]

Festival da Canción de Sanremo 1967[editar | editar a fonte]

Dalida e Luigi Tenco, intérpretes da canción, en xaneiro de 1967.

Dalida e Luigi Tenco interpretaron a canción, un despois do outro, no Festival da Canción de Sanremo 1967. O sinxelo foi publicado pouco antes do certame, no principio do ano, en italiano por ámbolos cantantes,[1][2] e en alemán e francés por Dalida (co letra de Ernst Bader e Pierre Delanoë, respectivamente).[5][6]

O 27 de xaneiro de 1967, tras non ser seleccionada para a fase final do festival, Tenco foi atopado morto por Dalida na súa habitación de hotel xunto a unha nota na que, supostamente, explicaba as razóns do seu suicidio: «Fago isto [...] como acto de protesta contra un público que manda “Io, tu e le rose” á final e unha comisión que selecciona “La rivoluzione”».[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Luigi Tenco ‎– Ciao Amore, Ciao / E Se Ci Diranno". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Dalida ‎– Dalida". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  3. Borgna 1999, p. 108
  4. "Luigi Tenco". Atuttokanto (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 19 de agosto de 2019. SETEMBRO - visita de Luigi Tenco a París, xunto a algúns oficiais de RCA, para presentar a Dalida a canción «Ciao amore». Xorde a idea da participación de Tenco e Dalida no próximo Festival de Sanremo. [...]. O 3 DE XANEIRO DE 1967 - por cuestións legais, debe cambiar o título da súa canción de «Ciao amore» a «Ciao amore, ciao». 
  5. "Dalida ‎– Ciao Amore Ciao". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. Ciao amore ciao (Deutsche Originalaufnahme) (Luigi Tenco/Ernst Bader). 
  6. "Dalida ‎– Ciao Amore Ciao". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. Ciao amore ciao; P. de la Noë, L. Tenco. 
  7. Anselmi 2009, p. 182
  8. Borgna 1999, p. 112

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anselmi, Eddy (2009). Festival di Sanremo. Almanacco della Canzone Italiana. Módena: Panini. 
  • Borgna, Gianni (1999). L'Italia di Sanremo. Milán: Mondadori.