Chuza!
Chuza! é unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento. O proxecto pasou entón a mans da comunidade de usuarios, que reabriron a rede social ás poucas semanas e constituíronse en asociación cultural o 16 de outubro do mesmo ano [1].
Índice |
[editar] Historia e descrición
O sistema é un fork do software orixinal de Menéame desenvolvido por Ricardo Galli coma un clon de Digg.
Os usuarios, rexistrados ou non, filtran, valoran e comentan historias que proveñen de diferentes fontes de información tanto galegas como internacionais. En xullo de 2010, no seu peche había 5.710 usuarios rexistrados, 76.257 historias enviadas, e as historias recibiran 231.231 comentarios.
O 22 de marzo de 2010 mudou o dominio de chuza.org a chuza.gl[3]. O 24 de xullo de 2010 anunciou o seu peche, que se materializaría o día seguinte, o 25 de xullo[4]. Uns meses despois, un grupo de antigos usuarios recuperou o dominio e creou unha asociación coa finalidade de recuperar a web[5].
[editar] Funcionamento
Os usuarios rexistrados envían historias a Chuza! de esta forma:
- A fonte orixinal ten que ter unha URL que é enviada a Chuza! por medio dun proceso de envío[6] de 3 pasos onde se describe a nova mediante título, tags, resumo e categorías.
- Ao final do envío da nova esta pasa a unha lista de pendentes, onde outros usuarios a votan positiva ou negativamente, de forma que a nova vai aumentando o seu "karma".
- Un proceso de cálculos matemáticos recorrentes en base a unha serie de algoritmos de análise social decide se as novas teñen suficientes votos para pasar á portada da web. Eses procesos tamén fan un reparto do karma entre os usuarios aumentando ou diminuíndo ese valor que indica a "importancia" dun usuario na comunidade.
[editar] Notas
- ↑ Chuza comezará a renacer este sábado, Galicia Confidencial (13/10/2010), consultado o 19 de maio de 2011
- ↑ http://chuza.org/faq-gl.php
- ↑ "chuza.org é agora chuza.gl"
- ↑ "Chuza pecha"
- ↑ Chuza! prepara a súa volta, Xornal de Galicia, 17/10/2010.
- ↑ http://chuza.gl/submit.php