Ricardo Galli
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ricardo Adolfo Galli Granada | |
|---|---|
| Ricardo Galli en Open Source World Conference no 2006. | |
| Nacemento: | 15 de agosto de 1965 (47 anos) |
| Ocupación: | Empresario |
Ricardo Adolfo Galli Granada, nado o 15 de agosto de 1965, é un activista do software libre arxentino, tamén coñecido polo seu alcume de Gallir.
É doutor en informática pola Universidade das Illas Baleares (UIB), onde imparte docencia. Tras levar a cabo un proxecto universitario para controlar o aparcadoiro das aeronaves no aeroporto de Palma, radicouse na illa de Mallorca. En 2008 impartiu clases de Sistemas Operativos na UIB. É membro da Free Software Foundation (FSF) e foi presidente do grupo de usuarios de software libre BULMA.
Proxectos[editar]
En 2005 presentou a páxina Menéame, un clon de Digg. A páxina galega Chuza emprega unha adaptación da versión de Menéame.