Chuecatown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chuecatown
Título orixinal Chuecatown
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Juan Flahn
Produtor Mariví de Villanueva
Guión Félix Sabroso
Dunia Ayaso
Juan Flahn
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Pepón Nieto
Pablo Puyol
Concha Velasco
Rosa María Sardà
Mariola Fuentes
Carlos Fuentes
Eduard Soto
Joan Crosas
Pedro Veral
Germán Tormo
Angel Burgos
Margarita Calatayud
Música David San José
Fotografía Juan Carlos Lausin
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Filmax
Ano 2007
Duración 100 min.
País España
Xénero Comedia, homosexualidade
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Chuecatown é un filme cómico español dirixido por Juan Flahn.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Leo (Pepón Nieto) e Rey (Carlos Fuentes) son unha parella gai de osos que viven no barrio madrileño de Chueca. Por outra banda, Víctor (Pablo Puyol) é o dono dunha inmobiliaria que pretende remodelar todo o barrio, e para conseguilo intentará asasinar a todas as vellas da zona para logo conseguir os seus pisos.

Víctor crúzase na vida da parella protagonista ao matar á súa veciña, da que resulta que Rey é o seu herdeiro. Intenta mercarllo piso, pero Rey quere destinalo para que o ocupe súa nai, Antonia (Concha Velasco), que odia a Leo e que ao ocupar a vivenda intentará separar por todos os medios a parella. Víctor aproveita este distanciamento para acercarse a Leo e deste xeito conseguir acceder libremente ao inmoble intentando infrutuosamente matar a Antonia.

A policía investiga os asasinatos crendo que se tratan de casos aillados, excepto a inspectora Mila (Rosa María Sardá) unha muller excéntrica e cargada de fobias, que cre que están conectados porque as vítimas aparecen sempre esparexidas co mesmo perfume caro. Mais os seus superiores cren que está perturbada e apártana do caso. Mila, xunto o seu fillo Luis (Edu Soto), tamén policía, segue investigando pola súa conta, até que ao final lle acaba disparando ao asasino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]