Chihuahua (can)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chihuahua de pelo curto

O chihuahua é un can de compañía orixinario de México. É quizabes un dos cans de compañía máis famosos do mundo, dado o seu pequeno tamaño e escasas necesidades. Tamén é considerado como un excelente can de garda e alerta, xa que está sempre vixiante e ladra ao menor ruído.

Orixe[editar | editar a fonte]

Nun inicio pensouse que fora introducido en América polos conquistadores europeos. Mesmo houbo quen expresou que proviña da China. Foron os achados de relevos de pequenos cans, en templos toltecas e de esqueletos diminutos atopados nas escavacións os que permitiron considerar que os actuais chihuahuas son descendentes dos pequenos cans sacros dos aztecas e toltecas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ao Chihuahua coñéceselle como o can máis pequeno do mundo. É un can inquedo e moi valente, de corpo compacto. A súa lonxitude é lixeiramente maior cá altura á cruz. Ten a cabeza redondeada, en forma de mazá. A depresión fronto-nasal ben marcada afundida e ancha, a consecuencia da fronte empenada sobre a inserción do curto fociño. As súas orellas son grandes, erectas e despregadas; anchas na súa base, redúcense gradualmente ata terminar lixeiramente redondeadas na punta. A cola é bastante longa, de implantación alta, ancha na súa base reducíndose gradualmente cara á punta. O corpo longo, o seu peso non debe superar os tres quilos.

Chihuahua de pelo longo

Variedades[editar | editar a fonte]

Existen dúas variedades nesta raza.

  • Variedade de pelo curto.
  • Variedade de pelo longo.