Chave (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle dun clarinete: chave para o dedo maimiño da man dereita.

A chave é unha das pezas dun instrumento de vento de madeira (como a frauta, o óboe, o clarinete ou o fagot, que ó ser pulsada modifica a altura do son.

Nos instrumentos de vento de metal, as chaves adoptan o nome de pistóns.

Non pode confundirse o termo "chave" con "clave". (En inglés, italiano e alemán a mesma palabra emprégase para os dous conceptos).