Chang'e 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chang'e 2
Asteroide 4179 Toutatis fotografiado por Chang'e 2
TipoSonda lunar
Contratistas principaisCAST
Data de lanzamento1 de outubro de 2010[1][2][3]
Foguete portadorCZ-3C[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Xichang[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[2][3][4]
NSSDC ID2010-050A
Masa2480 kg[2][4][5]

Chang'e 2 foi a segunda sonda lunar chinesa, lanzada o 1 de outubro de 2010 mediante un foguete CZ-3C desde o centro de lanzamento de Xichang.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Chang'e 2 recibe o seu nome dunha lenda chinesa na que unha rapaza xove voa ata a Lúa. Foi construída como sonda de respaldo para Chang'e 1, en caso de fallar. Usa o bus DFH-3 e ten unha masa de 2480 kg. Leva a bordo cámaras capaces de obter imaxes de 10 m de resolución a 100 km da superficie lunar e 1,5 m a 15 km. Leva tamén espectrómetros de raios X e raios gamma para estudar a composición da superfie e un altímetro láser para estudar a topografía do noso satélite.[5][4][2]

Chang'e 2 finalizou a súa misión o 1 de abril de 2011. O 9 de xuño dese ano abandonou a órbita lunar e dirixiuse cara ao [[punto de Lagrange L2] do sistema Terra-Sol para facer probas de enxeñería. Máis tarde a sonda foi redirixida para un encontro co asteroide (4179) Toutatis, que tivo lugar o 12 de decembro de 2012.[5][4][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2022). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHANG E 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Chang'e 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 15 June 2012 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57322 (E)). 13 de novembro de 2012: 9. Consultado o 21 de decembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Chang'e 2 (CE 2)" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2022). "Chang'e 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]