Cerros Orientais (Bogotá)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerros Orientais de Bogotá.

Os cerros Orientais son un conxunto orográfico situado ao leste de Bogotá, o cal serve como fronteira natural da cidade. A grandes liñas segue unha dirección sur-norte. Atópase principalmente nas zonas rurais nas localidades de Sumapaz, Usme, San Cristóbal, Santa Fe, Chapinero e Usaquén. Malia ser unha zona protexida, moitos dos seus ecosistemas atópanse ameazados pola construción ilegal de vivendas no medio da reserva forestal, tarefa que esta buscando evitar a administración distrital con múltiples operativos na zona con apoio das autoridades policiais e xudiciais.

Características[editar | editar a fonte]

Os cerros orientais de Bogotá son unha serie de montes visibles dende a maior parte da cidade. Contan con preto de 14.000 ha. Limita ao norte con Torca e ao sur co de Chipaque. No seu costado leste, as elevacións aumentan até constituír o páramo de Cruz Verde, que xunto ao de Sumapaz conforma o mesmo sistema.[1]

De sur a norte, os cerros son La Teta, Aguanoso, Guadalupe, Monserrate, Pico del Águila, El Cable, e ao norte da cidade, na localidade de Usaquén, as serras do Chicó, El Chiscal, o alto La Laguna, e o cerro Pan de Azúcar.[2] O conxunto presenta un forte gradiente altitudinal, que vai dos 2.570 aos 3670 metros sobre o nivel do mar.[3]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paramo.org "Complejo Cruz Verde - Sumapaz". Consultado en novembro de 2010.
  2. Cerrosdebogota.org Arquivado 15 de decembro de 2011 en Wayback Machine. Documento gráfico preparado por la universidad de Los Andes. "Topografía, los cerros orientales como telón verde de Bogotá".
  3. Secretaría Distrital de Ambiente. secretariadeambiente.gov.co, ed. "Cerros Orientales - Localización y características generales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2011. Consultado o novembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV. AA., director Fabio Puyo Vasco, Historia de Bogotá 3 tomos: Tomo I - Conquista y Colonia, Tomo II - Siglo XIX, Tomo III - Siglo XX, Bogotá, 2007. ISBN 978-958-8293-31-8. La información utilizada viene del tomo III, escrito por Fabio Zambrano Pantoja.