Catepanato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un catepanato (en grego κατεπανίκιον katepaníkion) era o termo bizantino para describir o territorio baixo o control dun catepán. Usouse para describir dous tipos diferentes de divisións administrativas:

  • Desde ca. 971 até finais do século XI referíase a grandes circunscricións que comprendían varios themas e que era mandadas por un dux ("duque") ou catepán. En galego, estas divisións denomínanse normalmente "ducado" (en grego doukaton) ou "catepanato" (en grego katepaníkion).
  • Na época dos Paleólogos os catepanatos eran provincias moito más pequenas que comprendían unha cidade fortificada e os seus arrededores, ou unha illla, baixo un κεφαλή, cefalé, "cabeza") e, por tanto, tamén había unha denominación cefalato).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Este novo termo empezou a usarse na segunda metade do século XIII e deriva da lingua coloquial. En consecuencia, nunca chegou a ser un título establecido ou rango da xerarquía imperial bizantina, pero segue a ser un termo descritivo.[1] En esencia, o kephalē substituíu no último período a dux como o gobernador civil e militar dunha unidade administrativa territorial, coñecida como katepaníkion.[2]

Estas provincias eran pequenas en comparación cos anteriores themata, e podían ir desde unhas poucas vilas circundantes á sede do kephalē, a un kastron ("fortaleza"), ate todo un arquipélago (por exempolo, as illas de Exeo.[3] Este nome tamén foi adoptado polo Segundo Imperio Búlgaro (como кефалия, kefalía) e o Imperio serbio (como кефалиja, kefalija).

No século XIV, os kephalái superiores foron denominados "cabezas universais" (katholikài kephalái) e supervisaban un grupo de provincias baixo os seus respectivos merikài kephalái ("xefes parciais").

Os antigos eran xeralmente parentes do emperador bizantino ou membros dos clans aristocráticos superiores. Coa crecente descentralización do Imperio e a creación de entidades semiindependentes (Despotados), estes cargos desapareceron a finais do século XIV.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. (1991): The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford (U.K.): Oxford University Press, páx. 1122.
  2. Non debe ser confundido co moi diferente catepanato dos séculos X-XI.
  3. Kazhdan, A., Op. cit.
  4. Kazhdan, A., Op. cit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bartusis, Mark C. (1997): The Late Byzantine Army: Arms and Society 1204–1453. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 0-81221-620-2 [1]
  • Glykatzi-Ahrweiler, Hélène: "Recherches sur l'administration de l'empire byzantin aux IX-XIème siècles" in Bulletin de correspondance hellénique, 1960, 84, 1, páxs. 1–111.
  • Haldon, John F. (1999): Warfare, State and Society in the Byzantine World, 565-1204. London: University College London Press (Taylor & Francis Group). ISBN 185728495X [2]
  • Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. (1991): The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford (U.K.): Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6 [3]
  • Krsmanović, Bojana, Kolias, Taxiarchis G. & Maksimović, Ljubomir (2008): The Byzantine Province in Change: On the Threshold between the 10th and the 11th Century. Belgrado / Atenas: Institute for Byzantine Studies, Serbian Academy of Sciences and Arts; Institute for Byzantine Research, National Hellenic Research Foundation. ISBN 978-8-68-388311-0 [4]