Catepán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da estrutura administrativa do Imperio bizantino en 1025
Descríbense os territorios rexionais orientais, denominados ducados ou catepanatos. O sur de Italia estaba baixo a autoridade do catepán de Italia (Catepanato de Italia), mentres que Bulgaria, Serbia e Paristrion estaban moitas veces baixo a autoridade dun só catepán.

Un catepán ou catapán (en grego κατεπάνω, katepánō ', "o situado na parte superior", ou o "superior") [1] era un cargo militar e administrativo do Imperio bizantino.

O termo foi latinizado como capetanus/catepanus, e parece que se hibridou coa palabra do latín medieval capitaneus (derivada do latín clasico caput, "cabeza").

Este termo híbrido deu lugar á palabra galega capitán, e ás equivalentes noutros idiomas: Captain, Kapitan, Kapitän, el Capitán, il Capitano, le Capitaine, Kapudan Paxá, etc.)

Historia[editar | editar a fonte]

O termo catepán aparece por primeira vez no século IX cando se empregou, co sentido xenérico de "responsábel", para denominar dúas clases de funcionarios: os xefes dos basilikoi anthrōpoi ("homes imperiais"), unha clase de funcionarios de baixo nivel, e os xefes dos destacamentos de mariños Mardaites do Thema naval de Cibyrrhaeots, no sur de Asia Menor.[2]

Porén, a raíz das grandes conquistas orientais da década de 960, o título adquirira un significado máis específico. As novas zonas de fronteira dividíronse en pequenos themata, agrupados en grandes territorios rexionais encabezados por un dux ("duque") ou katepanō (catepán).[3] Estes foron os ducados/catepanatos [4] en Antioquía, que abarcaba a fronteira sudoriental desde o norte de Siria, Mesopotamia ao leste do Éufrates até Chaldía,[5] no noreste.[6] Durante o reinado do emperador Basilio II (976-1025), ampliouse a fronteira oriental e o catepanado de Iberia se estableceu en 1022.

Mapa aproximado do Catapanato de Italia. Primeira metade do século XI
En verde, o ducado longobardo, sinalando tamén os probábeis tres themas bizantinos que formaban o capatanato.

No oeste, o máis famoso catepanato, o Catepanato de Italia, no sur da península, está testemuñado no Escorial Taktikon, lista de Oficinas bizantinas recompilada ao redor de 971-975; e, despois da conclusión vitoriosa das guerras bizantino–búlgaras, tamén se rexistra un catepanato de Bulgaria.[7]. Así mesmo, menciónase tamén un Catepanato de Serbia, que foi coñecido como Catepanato de Rascia.[8]

Despois das catastróficas perdas territoriais sufridas durante o século XI, a Oficina desaparece no sentido de "comandancia xeral militar", pero mantensee nun nivel máis local: durante os períodos finais dos Commenos e dos Paleólogos, o termo katepaníkion vén denotar zonas administrativas de baixo nivel, tanto en Asia Menor (incluíndo o Imperio de Trebisonda) como Europa.[9]

Estas eran pequenas subdivisións dos anteriores themas e consistían en pouco máis que unha capital fortificada (o kastron) e o seu territorio circundante. Na época dos Paleólogos os catepanatos estaban gobernados por un κεφαλή, kephalē, ("cabeza"), que tiña a suprema autoridade civil e militar dentro dos seus límites.[10] Como moitas outras institucións bizantinas, o capatenato como subdivisión administrativa tamén foi adoptado no Segundo Imperio búlgaro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Do grego κατά, katá (no alto) e ἐπάνος, epános (subido), literalmente 'aquel que está sobre, ou encima'
  2. Kazhdan, 1991, páx. 1115.
  3. Haldon, 1999, páxs. 84–85.
  4. Cómpre dicir que o termo bizantino orixinal para un territorio gobernado por un katepanō s é katepanikion. O termo catepanato/catapanato, utilizado nos estudos modernos, é de orixe recente. Kazhdan, 1991, páx. 1115.
  5. Cómpre non confundir con Caldea (Palestina).
  6. Holmes, 2005, páxs. 301–302.
  7. Holmes, 2005, páx. 302.
  8. Krsmanović, Kolias, Maksimović, 2008, páxs. 186-189.
  9. Kazhdan, 1991, páx. 1115.
  10. Bartusis, 1997, páxs. 33–34, 189–190, 236.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bartusis, Mark C. (1997): The Late Byzantine Army: Arms and Society 1204–1453. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 0-8122-1620-2 [1]
  • Glykatzi-Ahrweiler, Hélène: "Recherches sur l'administration de l'empire byzantin aux IX-XIème siècles" in Bulletin de correspondance hellénique, 1960, 84, 1, páxs. 1–111.
  • Haldon, John F. (1999): Warfare, State and Society in the Byzantine World, 565-1204. London: University College London Press (Taylor & Francis Group). ISBN 1-85728-495-X [2]
  • Holmes, Catherine (2005): Basil II and the Governance of Empire (976–1025). Oxford (U.K.) Oxford University Press. ISBN 978-0-19-927968-5 [3]
  • Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. (1991): The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford (U.K.): Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6 [4]
  • Krsmanović, Bojana, Kolias, Taxiarchis G. & Maksimović, Ljubomir (2008): The Byzantine Province in Change: On the Threshold between the 10th and the 11th Century. Belgrado / Atenas: Institute for Byzantine Studies, Serbian Academy of Sciences and Arts; Institute for Byzantine Research, National Hellenic Research Foundation. ISBN 978-86-83883-11-0 [5]

Outros artigos[editar | editar a fonte]