Cass Gilbert
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cass Gilbert, nado en Zanesville (Ohio) o 29 de novembro de 1859 e finado o 17 de maio de 1934, foi un arquitecto americano.
Traxectoria [editar]
Foi mediano de tres irmáns, e creceu en St. Paul (Minnesota). Con 17 anos entrou na firma McKim, Mead and White e despois estableceuse pola súa conta. Os seus edificios públicos en estilo clásico reflicten o sentido americano optimista. Víase como o herdeiro da democracia grega, a lei romana e do humanismo do renacemento.
Gilbert considérase un pioneiro dos rañaceos, pero o revestimento dos seus edificios miraban de novo ó Neoclasicismo. A súa obra máis coñecida é o edificio do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.