Ziguinchor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Ziguinchor no Senegal

Ziguinchor é a capital da rexión natural de Casamanza e da rexión administrativa de Ziguinchor no Senegal. A súa poboación é de uns 153.269 habitantes (censo do 2001).

Casamanza tratou de obter a autonomía do goberno central en Dakar, isto é un dos motivos para que exista un movemento separatista na rexión de Casamanza (ou Casamance).

Ziguinchor está situado no suroeste de Senegal á beira do río Casamanza e a uns 70 km do océano Atlántico.
Está conectada con Dakar por estrada, por barco e por avión, converteuse nun centro comercial e industrial en moitos mercados, posuíndo unha gran fábrica de procesamento de aceite de maní.

A cidade foi fundada en 1645 polos portugueses, o nome da cidade derivaría precisamente da frase Cheguei e choram, xa que os nativos conturbáronse ao estabelecerse a colonia portuguesa e saber que esta sería un centro de tráfico de escravos. Foi vendida por Portugal a Francia en 1888, estado que se convertiu no seu administrador comercial, explotando especialmente o cultivo de cacahuete (maní) e anexionouno á colonia francesa do Sénegal.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]