Carolina Rovira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 Cervera de Pisuerga, España |
Morte | 2012 (69/70 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Ocupación | xurista |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Lingua | Lingua castelá |
María Carolina Rovira Flórez de Quiñones, nada en Cervera de Pisuerga (Palencia) en 1942 e finada en Santiago de Compostela en 2012[1], foi unha xurista e profesora da Facultade de Dereito da USC, especializada na área de Filosofía do Dereito.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Dereito na Universidade de Granada en 1966, a súa vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela comenza coa preparación da súa tese doutoral.
Baixo a dirección de Francisco Puy Muñoz realizou a súa tese de doutoramento, La filosofía jurídica de Felipe Clemente de Diego y Gutiérrez (1866-1945), defendéndoa en 1968. A tese trata do substrato ideolóxico da obra de Felipe Clemente de Diego Gutiérrez, civilista e profesor de Dereito na USC. Obtivo a cualificación de Sobresaliente cum laude o ano seguinte, sendo publicada en 1970 pola editorial Porto y Cía[2].
Comezou o seu labor docente como Profesora Axudante de Clases Prácticas do Departamento de Filosofía do Dereito dende o curso 1966-67. En 1973 acadou o rango de titular, posto que ocuparía ata a súa xubilación en 2007.
Ocupou a secretaría da facultade entre o 1978 e 1994, foi a primeira presidenta da Comisión da Biblioteca Concepción Arenal, e colaborou nas revistas Anales de la Cátedra Francisco Suárez, de Granada, e Verbo, de Madrid.