Carniola Branca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Carniola Branca (en esloveno Bela Krajina, en alemán, Weißkrain) é unha rexión tradicional de Eslovenia, situada no sueste do país, na fronteira con Croacia.
As súas cidades máis importantes son Metlika, Črnomelj e Semič, e o seu principal río é o Kolpa, que fai de fronteira entre Eslovenia e Croacia.
Nesta rexión hai algunhas colinas baixas, con bosquetes de bidueiros.
É unha importante rexión vitivinícola e os seus viños son moi apreciados.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Bela Krajina (en inglés) Consultada o 31/1/2012.