Carmiña Navia Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmiña Navia Velasco
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Palmira, Colombia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valle Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , escritora , teólogo , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valle Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Carmiña Navia Velasco, nada en Palmira (Valle del Cauca) o 5 de agosto de 1948, é unha escritora e feminista colombiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos de secundaria no Colexio do Sacro Corazón de Jesús. Desde o seu inicio formativos inclinouse ao estudo da literatura, primeiro como estudante de Letras na Universidade del Valle e anos máis tarde como estudante da Mestría en Lingüística da mesma universidade. En 1978, viaxa a España a cursar o Diplomado en Lingua e Literatura Española no Instituto Iberoamericano de Cooperación en Madrid.

Polo seu importante traballo como escritora, feminista, teóloga e xestora cultural é considerada pioneira nos estudos literarios con enfoque de xénero en Colombia e impulsora de lecturas feminino-populares do texto bíblico. Ademais, é coordinadora do Grupo de Espiritualidade María de Magdala.