Carlos Montes Marqués
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) O Carballiño, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Carlos Alberto Montes Marqués, nado no Carballiño en 1966, é un historiador e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director da emisora Cablevisión do Carballiño (1997). En 1999 foi nomeado director da Escola Taller Arenteiro.[1] Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da lista do PSdeG-PSOE e foi elixido concelleiro do Carballiño e tenente alcalde. Logo da renuncia de Pachi Vázquez para se presentar ás eleccións autonómicas do 2005, foi elixido alcalde do Carballiño en maio dese ano. Nas municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde ó selo cabeza de lista máis votado. Foi deputado provincial (2007-2011). Presidiu a comisión da sección de vilas termais da FEGAMP e foi membro da executiva do mesmo departamento da FEMP.[2] Renunciou a presentarse á reelección en 2011, sendo substituído á fronte do PSdeG por Francisco Fumega e da alcaldía por Argimiro Marnotes Fernández.
Predecesor: Pachi Vázquez |
Alcalde do Carballiño 2005 - 2011 |
Sucesor: Argimiro Marnotes Fernández |
Obras[editar | editar a fonte]
- As orixes do Carballiño (1600-1750), Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2003.
- Alarifes do Carballiño, Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2023.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 3-12-1999, p. 43.
- ↑ Carballiño, una villa con futuro termal
- ↑ Carlos Montes presenta o seu libro “Alarifes do Carballiño”