Carlos IX de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos IX de Suecia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sv) Karl IX Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1550 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Slottet Tre Kronor, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 1611 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Castelo de Nyköping (Suecia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Strängnäs (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Suecia
22 de marzo de 1604 – 30 de outubro de 1611
← Sexismundo III de PoloniaGustavo II Adolfo de Suecia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía de Vasa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCristina de Holstein-Gottorp (1592–)
Ana Maria do Palatinado-Simmern (1579 (Gregoriano)–)
ParellaKarin Nilsdotter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosCatarina da Suécia (pt) Traducir
 () Ana Maria do Palatinado-Simmern (pt) Traducir
Carl Carlsson Gyllenhielm (pt) Traducir
 () Karin Nilsdotter (en) Traducir
Elisabeth Sabina of Sweden (en) Traducir
 () Ana Maria do Palatinado-Simmern (pt) Traducir
Charles Philip, Duke of Södermanland (en) Traducir
 () Cristina de Holstein-Gottorp (pt) Traducir
Gustavo II Adolfo de Suecia
 () Cristina de Holstein-Gottorp (pt) Traducir
Princess Maria Elizabeth of Sweden (en) Traducir
 () Cristina de Holstein-Gottorp (pt) Traducir
Christine Wasa (en) Traducir
 () Cristina de Holstein-Gottorp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGustavo I de Suecia Editar o valor em Wikidata  e Margarida Leijonhufvud Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoão III da Suécia (pt) Traducir, Catherine Vasa of Sweden (pt) Traducir, Cecília Vasa (pt) Traducir, Magnus, Duke of Östergötland (en) Traducir, Anna of Sweden (pt) Traducir, Princess Sophia of Sweden (pt) Traducir, Princess Elizabeth of Sweden (en) Traducir e Érico XIV da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vasa-11 Find a Grave: 16024962 Editar o valor em Wikidata

Carlos IX (sueco: Karl IX; 4 de outubro de 1550 - 30 de outubro de 1611) foi o rei de Suecia dende 1604 ata a súa morte. Foi o fillo máis novo do rei Gustavo I e a súa segunda muller, Margarida Leijonhufvud, irmán de Eric XIV e Xoán III, e tío de Sixismundo, que foi rei tanto de Suecia como de Polonia. Por desexo do seu pai conseguiu, por apanaxe, o Ducado de Södermanland, que incluía as provincias de Närke e Värmland; aínda que non tomou posesión del ata despois da caída de Eric e a sucesión ao trono de Xoán en 1568.

Os reis suecos Eric XIV (1560-1568) e Carlos IX (1604-1611) tomaron os seus números segundo unha ficticia Historia de Suecia. El realmente era o terceiro rei sueco chamado Carlos.[1]

Chegou ao trono defendendo a causa protestante durante a época cada vez máis tensa de disputas relixiosas entre as diferentes faccións do cristianismo. En pouco máis dunha década estas disputas acabarían iniciando a guerra dos Trinta Anos. Eses conflitos xa causaran a disputa dinástica que depuxo ao seu sobriño e converteuno en rei de Suecia.

O seu reinado marcou o comezo do capítulo final da reforma e a contrarreforma. Coa morte do seu irmán en novembro de 1592, o trono de Suecia pasou ao seu sobriño e aliado dos Habsburgo Sixismundo de Polonia e Suecia. Durante eses tensos momentos políticos, Carlos viu alarmado a herdanza do trono da Suecia protestante polo seu devoto católico romano curmán. Debido a iso seguiron varios anos de controversia relixiosa e discordia.

Durante o período, el e o consello de goberno sueco dirixiron o país no nome de Sixismundo mentres este estaba en Polonia. Despois de varios preliminares, o Riksens ständer forzou a Sixismundo a abdicar en favor de Carlos IX en 1595. Este feito inaugurou case sete décadas de guerras esporádicas xa que ámbalas dúas liñas da Dinastía de Vasa continuaron intentando refacer a unión entre os tronos polaco e sueco.

Probablemente, o resultado dinástico entre Suecia e Polonia agravou e radicalizou as posteriores accións ds príncipes católicos nos estados xermánicos como foi o Edicto de Restitución. De feito, empeorou a política europea abandonando a resolución de eventos por vías diplomáticas durante o sanguento episodio que foi a guerra dos Trinta Anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nordisk familjebok (ed.). "Karl". Consultado o 23 de xuño de 2018.