Canle Oude Delft (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′22″N 4°21′36″L / 52.0062, 4.3601

Oude Delft
(Canle vella de Delft)
A canle Oude Delft
TipoloxíaCanle
Localización
InicioCruzamento de Kolk
FinZuidwal
Circulación
TránsitoAcuático (pola canle)
Peonil e rodado (pola rúa paralela)

A canle Oude Delft (en galego: "canle vella de Delft") é a máis antiga das canles que sucan a vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Corre en sentido norte a sur e atravesa a parte occidental da cidade. A canle dálle o nome, tamén, á súa rúa anexa.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A canle Oude Delft preto da Igrexa Vella, en 1923

É probable que a antiga delf (unha palabra do neerlandés antigo que significa "canle") fose escavada arredor do ano 1100, cando a cidade de Delft aínda non existía, e daquela serviría para liberar os terreos circundantes do exceso de humidade. Supuña unha ampliación dunha parte do sistema de canles do río Gantel, que une as vilas de Monster e Poeldijk.

Cando a finais do século XII se escavou unha segunda gabia paralela á primitiva, empezáronse a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft e Nieuwe Delft ("canle nova"). Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.

Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación da segunda canle, constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional Rijksmonument.[2]

Edificios principais[editar | editar a fonte]

O edificio do antigo Legermuseum, na canle Oude Delft

Estes son algúns dos edificios máis importantes situados ás beiras da canle Oude Delft:[3]

Pontes[editar | editar a fonte]

De norte a sur:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gracht de Oude Delft". En Traveltalia.com (en neerlandés)
  2. "El Oude Delft, el canal más antiguo de la ciudad". En Sobreholanda.com (en castelán)
  3. Listaxe de monumentos da canle Oude Delft (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]