Canle Nieuwe Delft (Delft)
Coordenadas: 52°00′46″N 4°21′24″L / 52.012639, 4.356778
Nieuwe Delft (Canle nova de Delft) | |
---|---|
A canle Nieuwe Delft coa ponte Visbrug ao fondo | |
Tipoloxía | Canle |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,1 km |
Localización | |
Inicio | Cruzamento de Kolk |
Fin | Canle Achteron |
A canle Nieuwe Delft (en galego: "canle nova de Delft") é unha das numerosas canles que sucan a cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.[1]
Esta canle, que corre paralela á máis vella da cidade, a Oude Delft, tamén é coñecida polos nomes das rúas que van paralelas a ela (sucesivamente, de norte a sur: Voorstraat, Hippolytusbuurt, Koornmarkt e Korte/Lange Geer.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
Logo da construción, arredor do ano 1100, da primeira canle da que máis tarde sería a cidade de delft, cara a finais do século XII escavouse unha segunda gabia paralela a aquela, momento en que se empezaron a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft ("canle vella") e Nieuwe Delft. Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.
Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación desta segunda (Neuwe Delft), constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional (Rijksmonument).
Edificios principais[editar | editar a fonte]
- Museo Paul Tétar van Elven, instalado nunha mansión residencial do século XVI.
- Sinagoga de Delft, edificio neoclásico da segunda metade do século XIX.
Pontes[editar | editar a fonte]
De norte a sur:
- Ponte San Stevensbrug.
- Ponte peonil Visbrug.
- Ponte Poelbrug.
- Ponte Hof van Delftbrug.
- Warmoesbrug (une a canle Voldersgracht coa parte superior da praza Cameretten).
- Ponte peonil Waagsteeg.
- Ponte Towbrug.
- Ponte peonil Leeuwebrug.
- Ponte Sint Jacobsbrug.
-
Ponte San Stevensbrug
-
Ponte Poelbrug
-
Ponte Waagsteeg
-
Ponte Leeuwebrug
-
Ponte Sint Jacobsbrug
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Water in Delft Arquivado 29 de xullo de 2016 en Wayback Machine.". En Wikidelft.nl (en neerlandés)
- ↑ "Gracht de Niewe Delft". En Traveltalia.com (en neerlandés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)