Canle Brabantse Turfmarkt (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′33″N 4°21′41″L / 52.009281, 4.361294

Canle Brabantse Turfmarkt
A canle Brabantse Turfmarkt vista desde a ponte Gasthuisbrug
TipoloxíaCanle urbana
Localización
InicioCanle Burgwal
FinCanle Achterom
Circulación
TránsitoAcuático (pola canle)
Peonil e rodado (pola rúa paralela)

Brabantse Turfmarkt é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona antiga da cidade surholandela de Delft, nos Países Baixos. Cara ao sur, esta canle conflúe coa canle Achteron.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome desta canle débese á turba (neerlandés: turf) que se esparexeu pola súa rúa anexa e que foi traída da provincia de Brabante.[1]

Esta canle formaba parte no século XIII do límite oriental de Delft, determinado por unha vía principal constituída polas canles Achterom, Brabantse Turfmarkt, Burgwal e Verwersdijk.[2]

A parte norte de Brabantse Turfmarkt e a zona de Burgwalgracht foron ocupadas en 1860 para aumentar o espazo dispoñible para o mercado de gando que se celebraba na praza Beestenmarkt.

Actividade comercial[editar | editar a fonte]

Todos os xoves hai un mercado de flores en Brabants Turfmarkt.[3] No sitio web oficial do Concello de Delft (en neerlandés)</ref> Ademais, os sábados de 9:00 a 17:00 celébrase alí un popular mercado de produtos da horta.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Delftse Mysteries: hoe komt de Brabantse Turfmarkt aan zijn naam?". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
  2. Opsteller W. F- Weve. Cultuurhistorische aspecten Gasthuisplaats }. 2006 (en neerlandés) [Ligazón morta permanente]
  3. "Los mejores mercados de Delft". www.holland.com (en castelán). 28 de agosto de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  4. "Markt Delft: zaterdag op de Brabantse Turfmarkt". En Indebuurt.nl (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)