Camilo López Pardo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 |
Morte | 7 de maio de 1963 (67/68 anos) Lugo, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Camilo López Pardo, nado cara a 1895 e finado en Lugo o 7 de maio de 1963, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro do grupo republicano de Lugo (1930). Foi candidato a deputado da Alianza Republicana pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, pero non foi elixido. Militante do Partido Radical, do que foi secretario do Comité provincial, foi nomeado membro da Xestora municipal e elixido alcalde de Lugo en outubro de 1934, permanecendo no posto ata as eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de setembro de 1936. Foi posto en liberdade o 27 de xaneiro de 1938. O Tribunal de Responsabilidades Políticas abríulle expediente.[1] Finou en Lugo o 7 de maio de 1963.[2]
Predecesor: Carlos Vázquez Pimentel |
Alcalde de Lugo 1934 - 1936 |
Sucesor: Francisco Lamas López |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Emilia Bonet Peñalver.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE, 21-4-1941, p. 1553.
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 8-5-1963, p. 14.