CD3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O complexo do receptor de células T coas cadeas TCR-α e TCR-β (arriba), moléculas accesorias de cadea ζ (abaixo) e CD3 (representado por CD3γ, CD3δ e dous CD3ε).
Identificadores
Símbolo CD3D
Símbolos alt. T3D
Entrez 915
HUGO 1673
OMIM

186790

PDB 1XIW
RefSeq NM_000732
UniProt P04234
Outros datos
Locus Cr. 11 q23
Identificadores
Símbolo CD3E
Entrez 916
HUGO 1674
OMIM

186830

RefSeq NM_000733
UniProt P07766
Outros datos
Locus Cr. 11 q23
Identificadores
Símbolo CD3G
Entrez 917
HUGO 1675
OMIM

186740

RefSeq NM_000073
UniProt P09693
Outros datos
Locus Cr. 11 q23

En inmunoloxía, o CD3 (cluster de diferenciación 3) é o correceptor das células T. Trátase dun complexo proteico de membrana situado na superficie das células T composto por catro cadeas distintas. Nos mamíferos, o complexo contén unha cadea CD3γ, unha cadea CD3δ, e dúas cadeas CD3ε. Estas cadeas asócianse cunha molécula coñecida como receptor de células T (TCR) e coa cadea ζ para xerar un sinal de activación nos linfocitos T. O TCR, a cadea ζ, e as moléculas CD3 xuntas forman o "complexo TCR".

Estrutura[editar | editar a fonte]

As cdeas CD3γ, CD3δ, e CD3ε están moi relacionadas con proteínas da superficie celular da superfamilia das inmunoglobulinas, que conteñen un só dominio extracelular de inmunoglobulina.

A rexión transmembrana do CD3 contén residuos de aspartato, polo que está cargada negativamente, unha característica que permite que estas cadeas se asocien coas cadeas positivamente cargadas do TCR.[1]

As colas intracelulares das moléculas CD3 conteñen un só motivo conservado coñecido como motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor ou ITAM (do inglés Immunoreceptor Tyrosine-based Activation Motif), que é esencial para a capacidade de sinalización do TCR.

Regulación[editar | editar a fonte]

A fosforilación do ITAM no CD3 orixina unha cadea CD3 con capacidade de unirse a un encima chamado ZAP70 (proteína asociada á cadea zeta), unha quinase que é importante na cascada de sinalización da célula T.

Como diana de drogas[editar | editar a fonte]

Como o CD3 se require para a activación da célula T, as drogas (xeralmente anticorpos monoclonais) que o teñen como obxectivo están investigándose moito para desenvolver terapias inmunosupresoras (por exemplo, otelixizumab) para a diabetes tipo 1 e outras enfermidades autoinmunes.

Inmunohistoquímica[editar | editar a fonte]

O CD3 exprésase inicialmente no citoplasma de protimocitos, que son as células nai a partir das que se orixinan as células T no timo. Os protimocitos diferéncianse en timocitos comúns, e despois en timocitos medulares, e no seu último estadio o antíxeno CD3 empeza a migrar á membrana plasmática. O antíxeno atópase unido ás membranas plasmáticas de todas as células T maduras, e en practicamente en ningún outro tipo celular, aínda que parecen estar presentes tamén en pequenas cantidades nas células de Purkinje.

Esta gran especificidade, combinada coa presenza do CD3 en todas as fases do desenvolvemento das células T, fai que sexa un útil marcador inmunohistoquímico para as células T nos cortes histolóxicos. O antíxeno mantense presente en case todos os linfomas de células T e leucemias, e pode, por tanto, utilizarse para distinguilas de células superficialmente similares como as células B e neoplasmas mieloides.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kuby, Janis; Kindt, Thomas J.; Goldsby, Richard A.; Osborne, Barbara A. (2007). Kuby immunology. San Francisco: W.H. Freeman. ISBN 1-4292-0211-4. 
  2. Leong, Anthony S-Y; Cooper, Kumarason; Leong, F Joel W-M (2003). Manual of Diagnostic Cytology (2 ed.). Greenwich Medical Media, Ltd. pp. 63–64. ISBN 1-84110-100-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Shiv Pillai MD; Abul K. Abbas MBBS; Andrew Wilson PhD (2011). Cellular and Molecular Immunology: with STUDENT CONSULT Online Access. Philadelphia: Saunders. ISBN 1-4377-1528-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]